Hans Martin Sutermeister
Hans Martin Sutermeister, nado en Rued o 29 de setembro de 1907 e finado en Basilea o 4 de maio[1] de 1977 e coñecido baixo o pseudónimo Hans Moehrlen, foi un controvertido médico, escritor e político suízo, pertencente á Alianza dos Independentes.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1907 Schlossrued, Suíza |
Morte | 4 de maio de 1977 (69 anos) Basilea, Suíza |
Lugar de sepultura | Friedhof am Hörnli (pt) |
Gemeinderat of Bern (en) | |
Member of the Grand Council of the Canton of Bern (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Basilea |
Actividade | |
Campo de traballo | Médico |
Lugar de traballo | Berna |
Ocupación | político , psiquiatra , escritor médico , novelista , escritor , médico escritor , médico |
Partido político | Alianza dos Independentes Partido Suízo do Traballo |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Publicou máis de 150 artigos e libros en diversas áreas (Medicina, Historia, Educación, Dereito). O seu único libro non-científico foi a súa novela autobiográfica Zwischen zwei Welten (“Entre dous mundos”), publicada en 1942 e prohibida en Alemaña nazi.[2] Foi coñecido como defensor dos dereitos de vítimas de detencións arbitrarias, tema sobre o cal publicou en 1976 Summa Iniuria, unha compilación de centenas de erros xudiciais. É coñecido por ter acuñado os termos Angst- e Erholungsregression, así como polas súas contribucións no eido da psicosomática, especialmente pola súa obra Schiller als Arzt (1955). Morreu por causa de insuficiencia cardíaca en 1977.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Lüscher, Liselotte (1997). Geschichte der Schulreform in der Stadt Bern von 1968 bis 1988: Eine Analyse des Vorgehens und der Widerstände. Peter Lang AG. ISBN 978-3-906754-67-3.
- Willy Keller (editor) (1952). Schweizer Biographisches Archiv. EPI Verlag Internationaler Publikationen.