Impresora

Dispositivo periférico que serve para converter información dixital en información impresa.
A velocidade de impresión mídese polo número de caracteres por segundo e pola cantidade de páxinas por minuto que pode imprimir a impresora. A calidade de impresión ou resolución da impresora mídese pola cantidade de puntos por polgada que pode imprimir.
A impresora conéctase ao ordenador por medio dun porto paralelo ou os máis recentes mediante USB.

Impresora de inxección de tinta.

Tipos

  • Impresora de matriz de puntos é un tipo de impresora de impacto no que se realiza a impresión ao bater a cabeza contra unha cinta impregnada de tinta. Non poden imprimir gráficos ou imaxes, e aínda que moi rápidas, son tamén moi ruidosas.
  • Impresora de inxección de tinta, é o tipo de impresora máis común entre os particulares e no pequeno negocio.
  • Impresora láser, funciona de xeito semellante a unha fotocopiadora
  • Impresora 3D é un tipo e impresora que fabrica obxectos sólidos.

 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: