Unión Matemática Internacional

(Redirección desde «International Mathematical Union»)

A Unión Matemática Internacional, en inglés International Mathematical Union (IMU) é unha organización internacional non gobernamental fundada en 1920 que ten como propósito fomentar a cooperación internacional en matemáticas. Os seus membros son organizacións nacionais matemáticas de 77 países.[1] A súa misión é estimular a colaboración internacional en todas as áreas da matemática.

Unión Matemática Internacional
AcrónimoIMU e UMI
Tipoorganización non gobernamental internacional, organización sen ánimo de lucro e mathematical society
Campo de traballomatemáticas
Área de operaciónmundial
Data de fundación20 de setembro de 1920 e 10 de setembro de 1951
Data de disolución1932
Presidente/aCarlos Kenig (pt) Traducir (2019-) Editar o valor em Wikidata
SedeWeierstrass Institute
PaísAlemaña
Na rede
https://www.mathunion.org
editar datos en Wikidata ]

En febreiro de 2011 a Unión Matemática Internacional inaugurou a primeira sede permanente en Berlín.

Premios

A IMU é membro do Consello Internacional para a Ciencia (ICSU) e as distincións outorgadas considéranse as máis altas en matemáticas: a Medalla Fields (entre dúas a catro medallas dende 1936), o Premio Nevanlinna (dende 1986), o premio Premio Carl Friedrich Gauss (dende 2006) e a Medalla Chern (dende 2010).

Presidentes

Rolf Nevanlinna, presidente da IMU en 1959

Listaxe dos presidentes da Unión Matemática Internacional dende 1952:

  • 1952–1954: Marshall Harvey Stone (vice: Émile Borel, Erich Kamke)
  • 1955–1958: Heinz Hopf (vice: Arnaud Denjoy, W. V. D. Hodge)
  • 1959–1962: Rolf Nevanlinna (vice: Pavel Alexandrov, Marston Morse)
  • 1963–1966: Georges de Rham (vice: Henri Cartan, Kazimierz Kuratowski)
  • 1967–1970: Henri Cartan (vice: Mikhail Lavrentyev, Deane Montgomery)
  • 1971–1974: K. S. Chandrasekharan (vice: Abraham Adrian Albert, Lev Pontryagin)
  • 1975–1978: Deane Montgomery (vice: J. W. S. Cassels, Modelo:ROMb Miron Nicolescu, Modelo:ROMb Gheorghe Vrânceanu)
  • 1979–1982: Lennart Carleson (vice: Masayoshi Nagata, Yuri Vasilyevich Prokhorov)
  • 1983–1986: Jürgen Moser (vice: Ludvig Faddeev, Jean-Pierre Serre)
  • 1987–1990: Ludvig Faddeev (vice: Walter Feit, Lars Hörmander)
  • 1991–1994: Jacques-Louis Lions (vice: John H. Coates, David Mumford)
  • 1995–1998: David Mumford (vice: Vladimir Arnold, Albrecht Dold)
  • 1999–2002: Jacob Palis (vice: Simon Donaldson, Shigefumi Mori)
  • 2003–2006: John M. Ball (vice: Jean-Michel Bismut, Masaki Kashiwara)
  • 2007–2010: László Lovász (vice: Zhi-Ming Ma, Claudio Procesi)
  • 2011–2014: Ingrid Daubechies (vice: Christiane Rousseau, Marcelo Viana)
  • 2015–2018: Shigefumi Mori (vice: Alicia Dickenstein, Vaughan Jones)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: