Isabel Bowes-Lyon
Isabel Bowes-Lyon, nada en Londres o 4 de agosto de 1900 e finada o 30 de marzo de 2002, foi unha nobre inglesa, esposa do rei Xurxo VI do Reino Unido e polo tanto raíña consorte do Reino Unido e os dominios británicos, desde 1936 ata a morte do seu marido en 1952. Tamén foi a última raíña consorte de Irlanda e a última emperatriz da India. Logo da morte de Xurxo VI e o ascenso ao trono da súa filla Isabel II comezou a ser coñecida como a Raíña nai, para evitar confundila coa súa filla.[1]
Isabel Bowes-Lyon | |
---|---|
Raíña consorte do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e dos seus Dominios de Ultramar, Raíña consorte de Irlanda e Emperatriz consorte da India. | |
Isabel Bowes-Lyon | |
Reinado | 11 de decembro de 1936 - 6 de febreiro de 1952 |
Coroación | 12 de maio de 1937 |
Nome completo | Elizabeth Angela Marguerite Bowes-Lyon |
Nacemento | 4 de agosto de 1900 Londres, Reino Unido |
Falecemento | 30 de marzo de 2002 Londres, Reino Unido |
Predecesor | María de Teck |
Sucesor | Filipe de Edimburgo |
Descendencia | Isabel II do Reino Unido Margarida do Reino Unido |
Casa real | Casa de Windsor |
Proxenitores | Claude Bowes-Lyon Cecilia Cavendish-Bentinck |
Na rede | |
https://www.royal.uk/queen-elizabeth-queen-mother | |
| |
Traxectoria
Isabel naceu no seo dunha familia da nobreza escocesa composta por Claude Bowes-Lyon e Cecilia Cavendish-Bentinck. En 1923 Isabel casou co duque de York, segundo fillo do rei Xurxo V e a raíña María de Teck. Como duquesa de York, xunto ao seu marido e as súas fillas Isabel e Margarida, personificou a idea tradicional de familia e servizo público.[2] Asumiu diversos compromisos públicos e chegou a ser coñecida como a «duquesa sonriente» debido a súa constante expresión.[3]
No ano 1936, o seu marido converteuse inesperadamente en Rei, cando o seu irmán Eduardo VIII abdicou para poder casar con Wallis Simpson, unha divorciada estadounidense. Xa como raíña consorte, Isabel acompañou ao seu marido nas xiras diplomáticas por Francia e Estados Unidos no período previo á segunda guerra mundial. Durante o conflito, o seu espírito aparentemente indomable proporcionou apoio ao pobo británico. En recoñecemento ao seu papel como instrumento de propaganda, Adolf Hitler describiuna como «a muller máis perigosa de Europa».[4] Ao finalizar a guerra a saúde do seu marido deteriorouse e finou en 1952, quedando viúva á idade de 51 anos.
Á morte da súa sogra, co seu cuñado vivindo no estranxeiro e coa súa primoxénita convertida en raíña á idade de 25 anos, Isabel converteuse no membro máis antigo da Familia Real Británica e asumiu a posición matriarcal. Nos seus últimos anos foi un membro consistentemente popular la realeza, cando outros tiñan baixos niveis de aprobación.[5] Continuou cunha vida pública activa ata poucos meses antes da súa morte á idade de 101 anos, sete semanas despois da morte da menor das súas fillas, a princesa Margarida.[6]
Títulos e honras
Títulos
- 4 de agosto de 1900 - 16 de febreiro de 1904: A Honorable Elizabeth Bowes-Lyon
- 16 de febreiro de 1904 - 26 de abril de 1923: Lady Elizabeth Bowes-Lyon.
- 26 de abril de 1923 - 11 de decembro de 1936: A Súa Alteza Real A Duquesa de York, Condesa de Inverness, Baronesa Killarney.
- 11 de decembro de 1936 - 22 de outubro de 1948: A Súa Maxestade Imperial A Raíña, Emperatriz da India
- 22 de outubro de 1948 - 6 de febreiro de 1952: A Súa Maxestade A Raíña
- 6 de febreiro de 1952 - 30 de marzo de 2002: A Súa Maxestade A Raíña Isabel, a Raíña Nai.
Honras
Desde 1923 outorgáronlle diversas distincións, como a Real Orde Familiar, a Real Cruz Vermella en 1936, a Lexión de Honra en Francia en 1938, a Orde da Xarreteira, entre outras.[7] Tamén recibiu a Orde El Sol do Perú en 1960 e máis recentemente, a Orde de Nova Zelandia en 1990 e a do Canadá no 2000. Ao momento da súa morte contaba con máis de vinte honras, ordes, medallas e condecoracións de moitos países estranxeiros, como Romanía, Nepal, o Reino de Iugoslavia, entre outros.[8]
Devanceiros
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio oficial (en inglés).
- Remember This—An Elegy on the death of HM Queen Elizabeth, The Queen Mother por Andrew Motion, poeta laureado, para a BBC (en inglés).
Predecesor: María de Teck | Raíña Consorte do Reino Unido 11 de decembro de 1936 - 6 de febreiro de 1952 | Sucesor: Filipe de Edimburgo |