Jean Arthur

Gladys Georgianna Greene, nada en Plattsburgh, Nova York, o 17 de outubro de 1900 e finada en Carmel-by-the-Sea, California, o 19 de xuño de 1991,[1] foi unha actriz estadounidense, coñecida como Jean Arthur.

Infotaula de personaJean Arthur

(1939) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Gladys Georgianna Greene Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Plattsburgh, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1991 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de teatro , profesora universitaria , actriz de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1923 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorVassar College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern Editar o valor em Wikidata
AlumnosMeryl Streep Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000795 Allocine: 1741 Rottentomatoes: celebrity/jean_arthur Allmovie: p2459 TCM: 6045 IBDB: 30203
WikiTree: Greene-6416 Find a Grave: 1923 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Arthur debutou no cinema mudo co filme Cameo Kirby (1923), de John Ford, e despois protagonizou algúns outros filmes. Tomou o seu nome artístico dos seus dous grandes heroes, Xoana de Arco ("Jeanne d'Arc") e o rei Artur ("Arthur").[2] Coa chegada do sonoro, a súa peculiar voz nasal converteuna en estrela. En 1935, traballou xunto con Edward G. Robinson no filme The Whole Town's Talking, tamén de John Ford, co que comezou a facerse popular.

En 1936, tivo como compañeiro a Gary Cooper en Mr. Deeds Goes to Town, dirixido por Frank Capra[3] e en 1939 foi a protagonista doutro filme de Capra, Mr. Smith Goes to Washington, que serviu para consolidar a súa carreira. En 1943 foi candidata ao Óscar á mellor actriz polo seu papel en The More the Merrier, de George Stevens.[4]

A súa carreira comezou a decaer a mediados da década de 1940 e retirouse da escena.[5] En 1948, protagonizou A Foreign Affair, e finalmente o seu derradeiro papel foi nun clásico do western, Raíces profundas (1953), que foi o seu único filme en cor.[6]

Tras retirarse dedicouse ao ensino da interpretación no Vassar College. Regresou brevemente á interpretación na década de 1960 ao interpretar unha comedia televisiva.[7]

Jean Arthur faleceu nunha residencia de anciáns de Carmel, California, por mor dun fallo cardíaco. Tiña 90 anos e vivía retirada coidando o seu xardín dende había 35 anos.[8][7] A petición expresa súa non houbo cerimonia funeraria.[8] Foi incinerada e as súas cinzas foron esparexidas na costa de Punta Lobos, California.[9]

Vida persoal

O primeiro matrimonio de Arthur, co fotógrafo Julian Anker en 1928, foi anulado o día seguinte.[10] Casou co produtor Frank Ross Jr. en 1932. Divorciáronse en 1949.[7] Non tivo descendencia.

Filmografía

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Capra, Frank. Frank Capra, The Name Above the Title: An Autobiography. Nova York: The Macmillan Company, 1971. ISBN 0-306-80771-8
  • Harvey, James. Romantic Comedy in Hollywood: From Lubitsch to Sturges. Nova York: Knopf, 1987. ISBN 0-394-50339-2
  • Oller, John. Jean Arthur: The Actress Nobody Knew. Nova York: Limelight Editions, 1997. ISBN 0-87910-278-0
  • Parish, James Robert. The Hollywood Book of Death: The Bizarre, Often Sordid, Passings of More Than 125 American Movie and TV Idols. Nova York: Contemporary Books, 2002. ISBN 0-8092-2227-2
  • Parish, James Robert. The Hollywood Book of Extravagance: The Totally Infamous ... Hoboken, New Jersey: John Wiley and Sons, 2007. ISBN 978-0-470-05205-1
  • Sarvady, Andrea, Molly Haskell and Frank Miller. Leading Ladies: The 50 Most Unforgettable Actresses of the Studio Era. San Francisco: Chronicle Books, 2006. ISBN 0-8118-5248-2
  • Stenn, David. Clara Bow: Runnin' Wild. Nova York: Doubleday, 1988. ISBN 0-385-24125-9

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: