Jeanne Baret

exploradora francesa

Jeanne Baret ou Jeanne Barret (pseudónimo Jean Baré), nada en La Comelle, Francia, o 27 de xullo de 1740 e finada en Saint-Aulaye, Breuilh, Francia o 5 de agosto de 1807, foi unha botánica francesa, a primeira muller en circunnavegar o mundo, disfrazada de home.

Infotaula de personaJeanne Baret

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jeanne Baret
(fr) Jeanne Baret Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1740 Editar o valor em Wikidata
La Comelle (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de agosto de 1807 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Saint-Aulaye, Francia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Antoine-de-Breuilh
Cimetière de l'église de Saint-Aulaye (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesJean Barret Editar o valor em Wikidata
ResidenciaToulon-sur-Arroux
Sainte-Foy-la-Grande
París
Saint-Antoine-de-Breuilh Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbotánica , exploradora , naturalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPhilibert Commerson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
5 de decembro de 1766Q111432523 Traducir
circumnavigation of Earth (en) Traducir
circum-navegação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Baret-54

Expedición ao redor do globo

En 1766, Jeanne Baret embarcouse como asistente do botánico Philibert Commerson[1] na primeira circunnavegación francesa do mundo, na que se realizou un catálogo de especies de todo o planeta.

A expedición empregou dous barcos de guerra franceses, ao mando de Louis Antoine de Bougainville, nos que non estaba permitida a presenza de mulleres polo que tivo que se disfrazar de home, durante os tres anos de travesía (1766-1769). Aínda que embarcada de incógnito, finalmente foi descuberta a súa condición de muller en 1768. Foi obrigada a desembarcar na Illa Mauricio xunto a Commerson o cal morrería alí en 1773.

Soa e sen recursos, Jeanne traballou nunha taberna en Port Louis. Coñeceu un oficial naval francés, natural de Perigord, Jean Dubernat, con quen casou o 17 de maio de 1774 na Catedral de S. Luís. A parella regresou a Francia, completando así a volta ao mundo.

Contribucións científicas

A parella de botánicos recolleu máis de 6000 mostras de especies vexetais dos lugares que visitaron: Brasil, o estreito de Magalláns, Tahití, e as illas de Madagascar, e Mauricio. Entre as contribucións de Jeanne Baret atópase a primeira descrición da vide.

Á volta de Illa Mauricio, Jeanne trouxo as mostras botánicas de Commerson, 30 caixas que contiñan algo máis de 5.000 especies, incluíndo 3.000 descritas como novas. Recibiu a súa parte da herdanza de Commerson, e o rei Lois XVI recoñeceu os seus méritos como asistente do botánico, felicitouna polo seu bo comportamento, describíndoa como "muller extraordinaria" e deixándolle unha renda vitalicia.

A pesar das súas contribucións científicas, a historia mantívoa durante séculos apartada de todo o recoñecemento polo seu labor e só era lembrada como amante de Commerson.

Recoñecemento público

O recoñecemento do seu papel como primeira muller en circunnavegar o globo e os seus traballos científicos quedaron escurecidos até a publicación do libro The Discovery of Jeanne Baret: A Story of Science, the High Seas, and the First Woman to Circumnavigate the Globe (2010), da escritora Glynis Ridley.

Durante a viaxe, Commerson dedicoulle un arbusto da familia Meliaceae, Baretia bonnafidia. Con todo, a planta cambiaría máis tarde o seu nome polo de Turraea heterophylla, que sería sinónimo de Turraea floribunda.[2]

O biólogo Eric Tepe, da Universidade de Utah e a Universidade de Cincinnati, honrou o seu recordo, aplicando o seu nome a unha nova especie vexetal recentemente descuberta, Solanum baretiae, da familia Solanaceae, emparentada coa pataca.[3] O seu compañeiro de expedición Philip Commerson xa lle dera nome a máis de 70 especies (como o xénero Commersonia ou numerosas especies co epíteto commersonii).

Outros epónimos

  • (Crassulaceae) Sempervivum barretii Menezes[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Primeiras viaxes de exploración científica

Bibliografía

  • Fanny Deschamps, La Bougainvillée, Albin Michel, París, 1982 ISBN 978-2253039044
  • Carole Christinat, « Une femme globe-trotter avec Bougainville: Jeanne Barret 1740-1807 », Annales de Bourgogne, t. 67, p. 41-45, Dijon, 1995 ISSN 003-3901 tamén en: Revue française d'histoire d'outre-mer, tome 83, p. 83-95, París, 1996 ISSN 0300-9513
  • John Dunmore, Jeanne Baret, First Woman around the World (1766-1768), Auckland, Heritage Press, 2002
  • Jean-Jacques Antier, La prisonnière des mers du sud, Presses de la Cité, París, 2009 ISBN 978-2-258-07985-4
  • Glynis Ridley, The Discovery of Jeanne Baret, Harper Collins Publishers, 2011 ISBN 9780730493129
  • Hubert Verneret, Le travesti de l'Étoile, Éditions de l'Armancon, 2011 ISBN 2844791611
  • Irene Cívico, Sergio Parra e Núria Aparicio (ilustradora). Las chicas van donde quieren. 25 aventureras que cambiaron las historia Editorial Montena, 2019. ISBN: 978-84-1746-064-8

Ligazóns externas

  • Artigo en Le Monde (7 de xaneiro de 2012)
🔥 Top keywords: