Jessie Little Doe Baird

Jessie Little Doe Baird (tamén coñecida como Jessie Little Doe Fermino),[1][2] nada o 18 de novembro de 1963,[3] é unha lingüista coñecida polos seus esforzos por revivir a lingua wampanoag (wôpanâak). Recibiu unha bolsa MacArthur en 2010.

Infotaula de personaJessie Little Doe Baird
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Mashpee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Vice-presidente (pt) Traducir Mashpee Wampanoag Tribe (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMashpee (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoMashpee Wampanoag Tribe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjessielittledoe.com Editar o valor em Wikidata

Reside en Mashpee, Massachusetts.[4]

Traxectoria

En 1992 ou 1993, Baird experimentou moitos soños ou visións dos seus devanceiros ​​reuníndose con ela e falando na súa lingua, a cal ela non entendía nun primeiro momento. Tamén afirmou que, segundo unha profecía, tal e como cre a súa comunidade wampanoag, unha muller da súa tribo abandonaría a súa casa para recuperar a súa lingua e "os fillos dos que participaron na ruptura do ciclo lingüístico axudarían a curalo".[5] Ao redor do mesmo ano, Baird comezou a ensinar a lingua wôpanâak en lugares tribais en Mashpee e Aquinnah.[6][7]

Baird estudou un máster no Massachusetts Institute of Technology tres anos máis tarde, onde estudou co lingüista Kenneth L. Hale,[8][9] e xuntos colaboraron na creación dunha base de datos lingüística baseada en rexistros escritos oficiais, correspondencias gobernamentais e textos relixiosos, especialmente unha Biblia de 1663 impresa polo ministro puritano John Eliot gardada nos arquivos do MIT,[9][5] isto levou a un primeiro dicionario de máis de 10.000 palabras compiladas por eles en 1996.[9]

Ela e o seu traballo sobre a reconstrución e o renacemento da lingua wôpanâak son obxecto dun documental da PBS, "We Still Live Here – Âs Nutayuneân", dirixido por Anne Makepeace.[10] Tamén serve como vicepresidenta do Consello Tribal Indio Mashpee Wampanoag.[11]

En 2017, recibiu un doutoramento honoris causa en Ciencias Sociais pola Universidade Yale.[12]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: