José María Rioboo
José María Rioboo Almanzor, adoito grafado Riobóo, nado en Ksar el Kebir (daquela no Protectorado Español de Marrocos) o 14 de novembro de 1948, e finado en Santiago de Compostela o 22 de febreiro de 2024,[1] foi un profesor universitario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1948 Ksar El Kebir, Marrocos |
Morte | 22 de febreiro de 2024 (75 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989 Lexislatura: III lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1986 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Bernardo Pena Trapero |
Actividade | |
Ocupación | político , profesor universitario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | tres fillas |
Traxectoria
Estudou economía na Universidade de Santiago de Compostela. Nela doutorouse en 1978 coa tese Estimación empírico bayesiana en un modelo econométrico de regresión lineal y su aplicación al estudio de la población en Galicia (1961-75). Quedou a traballar na propia universidade, onde chegou a catedrático de Economía Aplicada. Como docente e investigador traballou sobre todo na estatística aplicada aos estudos económicos.
Politicamente pertenceu ao CDS e encabezou[2] a candidatura centrista nas eleccións xerais de 1986 pola circunscrición da Coruña, onde foi escollido deputado. No Congreso foi o voceiro centrista nas comisións de Economía, Facenda e Orzamentos[1] durante tres anos e pouco, ata a convocatoria das eleccións de 1989, onde xa non foi[3] nas listas do CDS.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 489. ISBN 84-8064-113-4.