Hilario Marrero

futbolista español
(Redirección desde «Juan Hilario Marrero Pérez»)

Juan Hilario Marrero Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Hilario
Información persoal
NomeJuan Hilario Marrero Pérez
Nacemento8 de decembro de 1905
Lugar de nacementoAs Palmas de Gran Canaria
Falecemento14 de febreiro de 1989
Lugar de falecementoAs Palmas de Gran Canaria
PosiciónCentrocampista
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1922–1925Porteño
1925–1928Real Club Victoria
1928–1931Deportivo da Coruña67(37)
1931–1935Real Madrid115(53)
1935–1936Valencia
1936–1937Deportivo da Coruña9(2)
1939Deportivo da Coruña4(0)
1939–1940Barcelona13(4)
1940–1942Deportivo da Coruña24(5)
1942–1943Elche1(0)
1943–1944Club Betanzos6(1)
Selección nacional
1931–1935España2(1)
Adestrador
1940–1941Deportivo da Coruña
1942–1943Elche
1943–1944Club Betanzos
1944–1945Racing de Ferrol
1945–1946Deportivo da Coruña
1946–1949Racing de Ferrol
1949–1950Girona
1951Español SD
1958–1959Deportivo da Coruña
1960Racing de Ferrol
Na rede
FIFA: 69550 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Como xogador

Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Real Club Victoria, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.

En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.

Como adestrador

Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.

Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo.

Selección nacional

Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: