Kannadasan

poeta indio

Kannadasan, nado como A. L. Muthiah en Sirukoodalpatti o 24 de xuño de 1927 e finado en Chicago o 17 de outubro de 1981 foi un letrista e escritor támil, un dos máis importantes en lingua támil, coñecido como Kaviarasu (rei dos poetas).

Infotaula de personaKannadasan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1927 Editar o valor em Wikidata
Sirukoodalpatti, India (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de outubro de 1981 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia
Raj Británico
Dominio da India Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , político , letrista , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDravida Munnetra Kazhagam (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioVanangamudi Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua támil e lingua hindi Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm1823946 Editar o valor em Wikidata

Pensamento relixioso e político

Muthiah foi seguidor do movemento ateo[1] dravídico e militante do Dravida Munnetra Kazhagam (DMK), mais tras ler o Thiruppavai de Andal quedou marabillado pola da súa poesía mística que resultou nun fondo impacto na súa personalidade e logo de moita introspección volveu ao hinduísmo, adoptando o nome Kannadasan (o servo do señor Krishna), e tras a súa marcha en 1964 criticou duramente as posicións do DMK.[2] e pasou a militar no Congreso Nacional Indio [3]

Actividade literaria

Kannadasan foi un escritor prolífico, a súa produción componse de 5000 letras de cancións para filmes, 6000 poemas e 232 libros,[4] que inclúen novelas, epopeas, teatro, ensaios. Gañou o premio Sahitya Akademi pola súa novela Cheraman Kadali no ano 1980. A súa obra máis popular é o ensaio en dez partes sobre o significado da relixión hinduísta, Arthamulla indumatham, caracterizada pola sinxeleza ao explicar os principios desa relixión. Nos últimos anos da súa vida escribiu varias obras espirituais, entre elas Yesu Kaviyam (1981) unha historia sobre Xesús contada en forma poética. Escribiu e publicou varios volumes de poesía. Grande admirador do poeta Kambar escribiu unha serie de poemas loando a súa arte. Pero sobre todo Kannadasan é famoso polas letras para cancións de filmes [5] a miúdo con palabras simples pero cunha profunda mensaxe filosófica, converténdose no letrista máis demandado da industria musical támil e difundindo a tradición literaria clásica támil entre os espectadores contemporáneos. [6] A primeira película na que traballou en Kanniyin Kadali en 1949 e a primeira na que tamén realizou o guión foi Illara Jothi en 1954. Foi o primeiro en recibir o premio nacional de cinematografía á mellor lírica en 1969 por Kuzhanthaikkaga

Notas

🔥 Top keywords: