Lee Joon-gi

Lee Joon-gi, nado o 17 de abril de 1982 en Busan, é un actor, modelo e cantante surcoreano.

Infotaula de personaLee Joon-gi

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ko) 이준기 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Busan, Corea do Sur Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoCoreanos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónSeoul Institute of the Arts (en) Traducir - Actuación Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , modelo , cantante , actor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoBalada, pop dance e K-pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webleejoongi.co.kr Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1763620 Allocine: 210024
Facebook: OfficialLeeJoongi Twitter: JGshock Instagram: actor_jg Youtube: UCiCyIINVCop9yd5udOpo-kg Last fm: 이준기 Musicbrainz: 0a3231df-13d6-48cf-86f1-5b4a5f948ff1 Editar o valor em Wikidata
Lee at the King and the Clown fan meeting in the Shilla Hotel, Jeju Island.

Traxectoria

Estudou no Instituto das Artes de Seúl[1] e debutou como modelo en 2001. O seu primeiro papel importante foi no filme de 2005 Wang-ui Namja,, no que interpretou a Gong-gil, un pallaso amullerado da dinastía Joseon.[2] O filme foi un éxito de crítica e público e deulle pulo á súa carreira, facéndoo coñecido en Asia.[3] Por este traballo gañou varios premios ao mellor artista novel. A película tamén o converteu nunha icona kkonminam (mozo á moda e efeminado) .[4] En 2006 protagonizou Fly, Daddy, Fly baixo a dirección de Choi Jong-tae.[5][6]

Lee foi un dos protagonistas da serie da SBS My Girl xunto con Lee Da-hae e Lee Dong-wook, esta comedia romántica foi un éxito tanto en Corea do Sur como noutros países asiáticos. En 2007, Lee actuou no filme coproducido entre o Xapón e Corea do Sur Virgin Snow coa actriz xaponesa Aoi Miyazaki, interpretando un estudante de intercambio coreano. O filme foi un éxito no Xapón, chegando ao noveno posto da lista dos máis vistos. Polo seu traballo Lee recibiu a Rising Star Award no 27.º Hawai International Film Festival. Nese ano, participou no filme May 18 baseado nos acontecementos que rodearon o masacre de Gwangju en 1980. Foi un éxito de público e logrou a Gold Orchid ao mellor filme.[7]

Lee tamén protagonizou en 2007 a súa primeira serie dramática,Time Between Dog and Wolf da MBC.

Lee en Shanghai en maio de 2009

Entre abril e xullo de 2008, Lee protagonizou outra serie, Iljimae, un drama de acción da SBS baseado no folclore chinés da época da dinastía Ming, na que deu vida a unha especie de Robin Hood enmascarado na era Joseon. O episodio final conseguiu un índice de audiencia do 31.4%.

En novembro de 2009, Lee interpretou o protagonista do drama de acción en clave de comedia, Heroe da MBC.[8] Entre 2010 e 2010 realizou o servizo militar obrigatorio e logo de cinco semanas de adestramento básico[9][10] serviu no departamento de relacións públicas do Ministerio de Defensa Nacional.[11][12]

En maio de 2012, Lee coprotagonizou con Shin Min-a Arang and the Magistrate, da MBC que tivo a súa estrea o 15 de agosto.[13][14][15] 

En 2013, Lee protagonizou a serie de supense Two Weeks e o ano seguinte a serie histórica Gunmam in Joseon mais o romance de vampiros Scholar Who Walks the Night.[16][17]

En 2016 actuou no seu primeiro filme chinés, Never Said Goodbye.[18] e tamén debutou en Hollywood cun papel en Resident Evil: The Final Chapter, con estrea prevista para o 27 de xaneiro de 2017.[19][20][21]

ProtagonizouScarlet Heart: Ryeo, unha versión coreana da serie chinesa Scarlet Heart. A estrea desta serie dramática foi o 29 de agosto de 2016.[22]

Filmografía

Filmes

AnoTítuloPapelNotas
2004The Hotel VenusRapazProdución xaponesa
Flying BoysDong-wan
2005The King and the ClownGong-gil
2006Fly, Daddy, FlyGo Seung-suk
2007May 18Kang Jin-woo
Virgin SnowKim MinCoprodución entre o Xapón e Corea do Sur
2016Never Said Goodbye (谎言西西里)Jun HaoFilme chinés
Resident Evil: The Final ChapterComandante LeeProdución de Hollywood

Series de televisión

AnoTítuloPapelCanleNotas
2003Nonstop 4ElMBCConvidado
2004Drama City: What Should I Do?Seong-hoKBS2Ep. 234
Star's EchoChan-gyuMBC

Fuji TV

Secundario
2005My GirlSeo Jung-wooSBSSecundario
2006The 101st ProposalElSBSCameo
2007Time Between Dog and WolfLee Soo-hyun / KayMBCProtagonista
2008IljimaeYong / Lee GeomSBSProtagonista
2009HeroJin Do-hyukMBCProtagonista
2012Arang and the MagistrateKim Eun-ohMBCProtagonista
2013Two WeeksJang Tae-sanMBCProtagonista
2014Gunman in JoseonPark Yoon-kangKBS2Protagonista
2015Scholar Who Walks the NightKim Sung-yeolMBCProtagonista
2015She Was PrettyElMBCEp. 9 - cameo
2016Moon Lovers: Scarlet Heart RyeoWang So (Gwangjong)SBSProtagonista

Discografía

Álbum

AnoNomeTrack listing
2006My Jun, My Style
  1. "One Word"
  2. "Don't Know Love"
  3. "Foolish Love" (Babo Sarang)
Nam Hyun-joon - One & Only
  1. "Fly High" feat. Seo In-young
2009J Style
  1. "J Style"
  2. "Soliloquy"
  3. "I'm Ready"
  4. "Selfless Dedicated Tree"
  5. "Fiery Eyes" (álbum xaponés)
2012Deucer[23]

Publicado:

  • 16 de marzo (edición limitada)
  • 25 de abril (edición regular)
  1. "Together"
  2. "The Rain"
  3. "Born Again"
  4. "Sweet Memory"
2013CBC / Case by Case

Publicado: 29 de xaneiro

  1. "The Answer (Intro)"
  2. "Tonight"
  3. "Case By Case"
  4. "Closer"
  5. "Lost Frame"
My Dear

Publicado: 10 de decembro

  1. "Fever"
  2. "My Dear"
  3. "Fiery Eyes (Nova ver.)"
  4. "Foolish Love (Nova ver.)"
  5. "Selfless Dedicated Tree (Nova ver.)"
2014Exhale

Publicado: 21 de novembro

  1. "Ma Lady"
  2. "U"
  3. "For A While"
  4. "Bring Da Beat" (Feat. Yoo Seung-chan)
  5. "Ma Lady (Inst.)"
  6. "For A While (Inst.)"

Notas

🔥 Top keywords: