Luigi's Mansion 3

videoxogo de 2019

Luigi's Mansion 3 (ルイージマンション3 Ruīji Manshon Surī?) é un videoxogo de acción e aventuras de 2019 desenvolvido por Nintendo para a consola Nintendo Switch. É o terceiro título da serie Luigi's Mansion, despois de Luigi's Mansion: Dark Moon. O obxectivo do é asumir o papel de Luigi, que debe explorar un hotel encantado, con diferentes temáticas en cada andar, e rescatar os seus amigos das pantasmas que o habitan, despois de que o grupo fose enganado polo rei Boo a unha visita de vacacións.

Luigi's Mansion 3
Desenvolvedor(es)Next Level Games
Distribuidora(s)Nintendo
Director(es)Bryce Holliday
Produtor(es)Alex MacFarlane
Bjorn Nash
Kensuke Tanabe
Deseñador(es)Devon Blanchet
Jason Carr
Artista(s)Barret Chapman
Compositor(es)Chad York
Darren Radtke
Lanzamento31 de outubro de 2019
XéneroAcción e aventuras
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Nintendo Switch
SerieLuigi
Na rede
https://luigismansion.nintendo.com
Youtube: UCkjCZ8KNHvCawwnOTOf2rvw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xunto a unha serie de elementos de xogo que regresan das entregas anteriores, o xogo incorpora novas funcións, incluíndo movementos adicionais para capturar pantasmas, un asistente de doppelgänger ectoplasmático coñecido como Gooigi e unha funcionalidade multixogador ampliada que permite aos xogadores participar en xogos cooperativos e competitivos tanto a nivel local como en liña. O xogo recibiu valoracións positivas da crítica e foi nomeado a varios premios, gañando o premio ao "Mellor xogo familiar" nos The Game Awards 2019. O xogo vendeu 11,43 millóns de copias ata o 31 de marzo de 2022.

Acollida

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic86/100[1]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Destructoid9/10[3]
Edge7/10[5]
EGM4/5[6]
EurogamerRecomendado[7]
Game Informer8.5/10[8]
GameSpot8/10[9]
GamesRadar+ [10]
IGN8.3/10[12]
Nintendo Life [14]
Nintendo World Report8/10[15]
PolygonRecomendado[17]
USgamer [20]
VideoGamer.com8/10[21]
Jeuxvideo.com18/20[13]
Hardcore Gamer4/5[11]

Luigi's Mansion 3 recibiu valoracións positivas segundo con Metacritic.[1] Chelsea Stark de Polygon eloxiou o uso de Gooigi, así como a variedade de niveis ao longo do xogo, dicindo que "esta é a mellor aventura do noso heroe asustado ata agora".[22] Ryan McCaffrey de IGN tamén eloxiou o deseño de niveis e a variedade, dicindo que "Luigi's Mansion 3 é tan divertido, encantador e intelixentemente deseñado que agardo que recibamos máis de tres destes cada 20 anos".[12]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: