Luis Miguel

cantante mexicano

Luis Miguel Gallego Basteri, nado en San Xoán, Porto Rico, o 19 de abril é un cantante e produtor musical mexicano nado en Porto Rico. Coñecido por ser un dos cantantes latinos máis populares da historia,[1] gravou en estilos como pop, jazz, big band, bolero, mariachi, baladas románticas etc. Vendeu máis de 118 millóns de álbums na súa carreira.[2]

Infotaula de personaLuis Miguel

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Luis Miguel Gallego Basteri Editar o valor em Wikidata
19 de abril de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
San Xoán, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesEl Sol de México
Luismi
Micky Editar o valor em Wikidata
ResidenciaAcapulco Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actor de cinema , artista discográfico , produtor musical , actor , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e piano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDICAP
EGREM
EMI (1982–1986)
Warner Music Latina (pt) Traducir (1986–) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaMariah Carey (1998–2001)
Lucía Méndez
Aracely Arámbula (pt) Traducir
Daisy Fuentes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLuisito Rey Editar o valor em Wikidata  e Marcela Basteri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webluismigueloficial.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0586064 Allmovie: p146572
Facebook: LuisMiguelOfficial Twitter: LMXLM Instagram: lmxlm Youtube: UCF3i2P9jI2adJp_-RDdzHgg TikTok: lmxlm Souncloud: LuisMiguel_Oficial Spotify: 2nszmSgqreHSdJA3zWPyrW iTunes: 336904 Musicbrainz: 90270118-8ed0-4446-bf97-8a09b3f9e8f3 Songkick: 434434 Discogs: 92793 Allmusic: mn0000311680 Deezer: 6123 Genius: Luis-Miguel Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos e controversias familiares

Fillo de Luisito Rey, o seu pai iniciouno moi cedo no mundo do espectáculo musical, sendo acusado de explotación infantil e de drogalo para cantar. Rey foi acusado de diversas estafas e falsificacións ao longo da súa vida, e tamén foi acusado de explotación infantil, repetindo a súa propia historia (el mesmo cantaba nos bares aos seis anos) e de drogar ao seu fillo cando estaba extenuado, para que seguise a cantar.[3][4]

A tutela de Luisito Rey sobre Luís Miguel durou até 1988, cando o primoxénito chegou á maioría de idade e decidiu substituír o seu pai como manager.[5][6]

A nai de Luís Miguel, Marcella Basteri, decidira mudarse en 1986 á súa cidade natal de Carrara, Italia, levando consigo ao seu fillo máis novo.[7][8] Máis tarde, Marcella desapareceu misteriosamente, e nunca máis se soubo do seu paradoiro.[9] Luisito Rey foi acusado da morte da súa esposa.[4]

Carreira musical

Luis Miguel é recoñecido como o único cantante latino da súa xeración que non pasou ao mercado angloparlante durante a "Latin Explosion" dos anos 90.

Luis Miguel gañou cinco Grammy e catro Latin Grammy, entre outros.[2] É un dos máis recoñecidos pola Recording Academy USA e o máis novo en gañar o premio para cantantes latinos, con 15 anos por un dúo coa cantante escocesa Sheena Easton sobre o tema Me gustas tal como eres, nese mesmo ano foi subcampión do Festival de Sanremo con Noi, ragazzi di oggi.

En 1987, gravou "Sin Hablar" en dúo con Laura Branigan. En 1994, cantou con Frank Sinatra e o seu álbum entrou na lista de Billboard. En 1999, inicia unha relación con Mariah Carey e, en 2001, participou nun proxecto de Michael Jackson xunto a artistas como Celine Dion, Gloria Estefan, Ricky Martin, Cristian Castro, Laura Pausini, Shakira, Thalía, Mariah Carey, Alejandro Sanz, Julio Iglesias e Carlos Santana.

En 1999, con 29 anos, converteuse no artista latino en directo máis visto da historia da música. Luis Miguel gañou os premios máis demandados da industria musical, como unha estrela no Paseo da Fama en Hollywood e nove premios Grammy.[10]

Discografía

  • Un Sol (1982)
  • Directo al Corazón (1982)
  • Decídete (1983)
  • Palabra de Honor (1984)
  • Amándote a la Italiana (1985)
  • También es Rock (1986)
  • Soy Como Quiero Ser (1987)
  • Busca una Mujer (1988)
  • 20 Años (1990)
  • Romance (1991)
  • Aries (1993)
  • Segundo Romance (1994)
  • Nada es Igual (1996)
  • Romances (1997)
  • Amarte es un Placer (1999)
  • Mis Romances (2001)
  • 33 (2003)
  • México en la Piel (2004)
  • Navidades (2006)
  • Cómplices (2008)
  • Luis Miguel (2010)
  • ¡México por siempre! (2017)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: