Música popular

conxunto de xéneros musicais atractivos para o gran público

A música popular comprende un conxunto de xéneros musicais que resultan atractivos para o gran público e que xeralmente son distribuídos a grandes audiencias a través da industria da música. Isto está en contraste tanto coa música culta como coa música tradicional, as cales normalmente se difunden por vía académica ou por vía oral a audiencias máis minoritarias.[1]

Elvis Presley, artista icona do rock and roll.

Fronte a música tradicional ou folclórica, a música popular non se identifica coas nacións ou etnias específicas senón que ten un carácter internacional. Entre os xéneros máis representativos da música popular do noso tempo pódense destacar o pop, o rock ou a dance, entre outras.

Outras denominacións que recibe ás veces a música popular son "música lixeira" ou "música pop", aínda que non son moi axeitadas ó ter xa outros significados máis restritivos. Por outro lado, "música popular" emprágse en ocasións historicamente para referirse ó que actualmente coñecemos como música folclórica ou tradicional, un uso que aínda pervive nalgúns contextos.

Notas


 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: