Maracaibo

A cidade de Maracaibo é a capital do Estado do Zulia, en Venezuela, e mais do Municipio Maracaibo. É alcumada "Tierra del Sol Amada".[1]

Modelo:Xeografía políticaMaracaibo
Imaxe

Nomeado en referencia aLago de Maracaibo Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 10°38′N 71°38′O / 10.63, -71.6371°38′O / 10.63, -71.63
EstadoVenezuela
Estado da Venezuela (pt) TraducirZulia Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.551.539 (2011) Editar o valor em Wikidata (1.113,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.393 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porLago de Maracaibo Editar o valor em Wikidata
Altitude6 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorAmbrosius Ehinger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación8 de setembro de 1529 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4001 a 4046 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0261 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Zonguldak (pt) Traducir
Isfahán
Miami Editar o valor em Wikidata../... 23+

Páxina webmaracaibo.gob.ve Editar o valor em Wikidata

Xeografía

Clima

Maracaibo é unha das cidades máis quentes de Venezuela e de toda América do Sur, de clima entre semiárido (Köppen: BSh) e de sabana tropical (Köppen: Aw) atenuado pola influencia moderadora do lago de Maracaibo; A temperatura histórica media de Maracaibo é de 29 °C (84,2 °F). No pasado, o clima da cidade, de feito en toda a costa do lago de Maracaibo, era insalubre debido á combinación de altas temperaturas e alta humidade. Hoxe, o control das pragas e os efectos do desenvolvemento urbano erradicaron en boa medida eses problemas.

Poboación

Edificio no sector Indio Mara

Posúe unha poboación aproximada de algo máis de dous millóns e medio de habitantes, converténdose así na segunda cidade con máis poboación de toda Venezuela e a cidade máis extensa do país.

Situación

Situada no occidente do territorio venezolano, en terreos de orixe aluvial, dentro da depresión do lago de Maracaibo na beira noroeste deste.

Historia

Rúa Carabobo no barrio de El Saladillo

Idade Moderna

A cidade foi fundada por primeira vez en 1529 polo conquistador alemán Ambrosius Einger como Neu Nürnberg ("novo Nürnberg") na colonia de Klein-Wenedig, pero pronto foi abandonada.

Foi refundada o 20 de xaneiro de 1571 polo capitán Alonso Pacheco co nome de Nueva Zamora, despois de tres anos de guerras cos indios Sáparas, Kyrikiris, Alliles e Toas locais.

Até o século XVII foi un importante porto colonial, tras varios ataques piratas perdeu a súa importancia.

Idade Contemporánea

Despois do descubrimento dos campos petrolíferos en 1917, a cidade comezou a desenvolverse activamente.

Cultura

Unha das manifestacións culturais típicas de Maracaibo é a gaita zuliana.

Ensino superior

Praza central na URBE

En Maracaibo hai diversas universidades, sendo as principais a Universidade do Zulia - (LUZ, fundada en 1891) e a Universidade Rafael Urdaneta (fundada en 1973).

Ademais están radicadas en Maracaibo a Universidade Nacional Experimental de la Fuerza Armada UNEFA, Universidade Rafael Belloso Chacín - (URBE), Universidade Católica Cecilio Acosta, Universidade Dr. José Gregorio Hernández, Universidade Bolivariana de Venezuela sede Zulia e a Universidade Nacional Aberta (UNA).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

🔥 Top keywords: