Mariner 5

Sonda espacial estadounidense dirixida a Venus.

Mariner 5 foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 14 de xuño de 1967 mediante un foguete Atlas Agena D desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral para estudar Venus.[1][2][3]

Mariner 5
Mariner 5.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica, fóra de servizo.[1][2][3]
Data de lanzamento14 de xuño de 1967, 6:01 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorAtlas Agena D[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 12[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.[1][2]
NSSDC ID1967-060A
Masa244,9 kg[1]

Características

Mariner 5 pertenceu ó programa Mariner da NASA e foi a quinta do seu tipo. Mariner 5 era a nave de substitución en caso de fallo da Mariner 4, enviada a Marte, pero dado o éxito desta última decidiuse usar á Mariner 5 nunha misión a Venus.[1][2][3]

A nave estabilizábase nos tres eixos, usando o Sol e Canopus como referencia e pasou a 4000 km sobre as nubes de Venus o 19 de outubro de 1967, facendo medicións do campo magnético interplanetario, das partículas cargadas e do plasma, así como refractividade para ondas de radio da atmosfera venusiana e as súas emisións ultravioleta.[1][2][3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: