Mario Merz

Mario Merz, nado en Milán o 1 de xaneiro de 1925 e finado en Turín o 9 de novembro de 2003, foi un artista italiano relacionado coa arte povera.

Infotaula de personaMario Merz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Turín, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Monumental de Milão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2003)
Reino de Italia (1926–1946)
Suíza
Italia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante , escultor , artista de instalacións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata - 1994 Editar o valor em Wikidata
MovementoArte povera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
RepresentanteSperone Westwater Gallery (en) Traducir, Gladstone Gallery (en) Traducir e Konrad Fischer Galerie (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarisa Merz
Premios

Discogs: 4674083 Editar o valor em Wikidata
Escultura Iglú de pedra.

Traxectoria

Comezou a debuxar durante a segunda guerra mundial, cando foi apresado polas súas actividades co grupo antifascista Giustizia e Libertà. Nos anos sesenta, a obra de Merz, con enerxía, luz e materia, colocouno dentro do movemento que Germano Celant chamou arte Povera, que, xunto co Futurismo, permaneceu como un dos máis influentes movementos da arte italiana no século XX. Nestes traballos introduciu por primeira vez nas súas obras diversos elementos na superficie das teas coas que traballaba, tales como botellas, paraugas, gabardinas e outros obxectos que combina con luces de neon. Ademais de polo seu carácter de obra única, o motivo característico da súa produción, é o iglú.

Da súa propia obra explica: "Fixen o iglú porque quería abandonar o plano; ademais, o iglú era interesante como idea de espazo absoluto en si mesmo, xa que non é moldeado, senón que é unha semiesfera apoiada na terra. E por último, ao iglú sumouse o traballo de escritura, que me pareceu tan importante que quixen que fose unha escritura estática, como pode ser darlle forma de escritura ao neon". (Cita extraída do artigo Volta ao mundo en 80 iglús, publicado por Daniel Molina no diario arxentino Clarín).

O iglú é unha forma metafórica coa que o artista pregoa que a arte é transitorio e sempre cambiante, son espazos absolutos en si mesmos. Deste xeito, considera que o artista é un nómade sempre en movemento onde a natureza e a cultura están por todas partes. O iglú está construído con armaduras de metal segmentadas, as estruturas hemisféricas están cubertas de redes, arxila, cera, cristal ou ramas; e, a miúdo, incorpora frases políticas ou literarias feitas de neon. Ao respecto expón: "No iglú non existen ángulos, non hai saíntes, non hai liñas rectas. É unha casa pero ao mesmo tempo é un lugar case máxico que infunde un sentido de protección e que certamente esperta tamén sensacións relixiosas evocando de maneira moi evidente a forma da cúpula das igrexas... No iglú é coma se a arte e a vida fusionásense nunha forma única. A única escultura posible é unha auténtica casa".

Mario Merz utilizou de forma frecuente a sucesión de Fibonacci en moitas das súas obras desde a década dos setenta, con elementos diferentes (neons, mesas, animais, xornais...) e en formatos variados. Así como os números de Fibonacci apuntan ao infinito e describen un crecemento progresivo a partir da suma das cifras anteriores, o artista empregou a famosa sucesión para simbolizar a arte e o progreso social.

Algunhas obras

Spina centrale. Turín.
  • Fibonacci Nápoles, 1971.
  • Specchio verde, 1985. Colección particular
  • Pterodáptilo, 1985.
  • Iglú, 1987. Chapelle St-Louis de la Sulpetriere. París
  • Unreal City, 1989. Guggenheim Museum. Nova York
  • Crescendo appare, 1992. Moll de la Barceloneta
  • Movementos da terra e da lúa sobre unha táboa, 2002.
  • Instalación de luz no Foro Imperial de Roma, 2003.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: