Melissa Carlton

Melissa Paula Carlton, nada en Pietermaritzburg o 8 de maio de 1978, é unha nadadora paralímpica australiana nada en Suráfrica. Carlton naceu sen perna dereita e dedos curtos na man esquerda. Gañou medallas de ouro, prata e bronce para Australia nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996 e Sydney 2000.

Infotaula de personaMelissa Carlton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Pietermaritzburg, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia
Suráfrica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Tasmania (1997–2004)
Ogilvie High School (en) Traducir
Elizabeth College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadadora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Participou en
outubro de 2000Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) Traducir
agosto de 1996Jogos Paralímpicos de Verão de 1996 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webmelissacarlton.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: msscrltn LinkedIn: melissacarlton Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Carlton naceu na cidade surafricana de Pietermaritzburg o 8 de maio de 1978.[1][2] Mudouse coa súa familia a Australia en 1986; primeiro estabelecéronse na cidade vitoriana de Beechworth, onde Carlton competiu en probas de natación en escolas locais.[3] En 1990 mudáronse ao suburbio de Glenorchy, en Hobart. Logo, Carlton uniuse ao Club de Natación da Cidade de Glenorchy (agora coñecido como o Club Acuático Hobart), onde coñeceu a Chris Wedd, quen sería o seu adestrador durante toda a súa carreira paralímpica.[4]

En 1991, Carlton gañou unha medalla de ouro no 8 km nos campionatos ao aire libre de Tasmania para nadadores sen discapacidade.[5] Gañou unha medalla de ouro nos Xogos da Commonwealth de Vitoria de 1994 no Canadá nos 100 m estilo libre na categoría S9.[6] En 1994, obtivo unha bolsa do Instituto Australiano de Deporte en natación.[7]

Nos Xogos de Atlanta de 1996, gañou dúas medallas de ouro nas probas femininas de 400 metros estilo libre na categoría S9 e en 4x100  m estilo libre S7-10, polos cales recibiu unha Medalla da Orde de Australia,[8] dúas medallas de prata nas probas de 100 m bolboreta S9 e 100 m estilo libre S9, e unha medalla de bronce no evento feminino de 100 m costas S9. Nos Xogos de Sydney 2000, gañou dúas medallas de prata nas probas femininas de 400 m estilo libre S9 e 100 m estilo libre S9 e dúas medallas de bronce no 4x100 m estilo libre 34 pts e 4x100 m Medley 34 pts.

Notas

🔥 Top keywords: