Meseta

Unha meseta[1], en xeomorfoloxía e xeografía, é unha planicie extensa situada a unha determinada altura sobre o nivel do mar, provocada por forzas tectónicas ou ben por erosión do terreo circundante. No primeiro caso trátase da aplicación de forzas tectónicas sobre estratos horizontais do terreo, que ao atopar fallas propicias producen a elevación dunha zona que mantén a horizontalidade pero a un nivel superior do da contorna. No segundo caso, nun terreo horizontal a erosión pode formar ríos que profundan deixando zonas illadas e elevadas, normalmente ao estar formados por materiais máis resistentes á erosión.

Monte Roraima, en Venezuela.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: