Moeda de 1 euro

A moeda de 1 euro está formada por unha zona interior de cuproníquel e por unha zona exterior de níquel-latón. Ten un diámetro de 23,25 mm, un grosor de 2,33 mm e un peso de 7,50 gramos. A súa beira é estriada alterna: tres grupos de estriado fino entre tres segmentos lisos.

Reverso común da moeda de 1 euro, deseñado por Luc Luycx

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]

Austria e Italia solicitaron varias veces ao Banco Central Europeo a posibilidade de emitir billetes dun euro para controlar a inflación.

Caras actuais

Caras antigas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: