Moncho Parada Castiñeiras

futbolista español

Juan Ramón "Moncho" Parada Castiñeiras, nado na Coruña en xuño de 1939, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro.

Moncho
Información persoal
NomeJuan Ramón Parada Castiñeiras
PosiciónPorteiro
Carreira xuvenil
Victoria
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
–1958Victoria
1958–1962Deportivo da Coruña3(0)
1962–1963Rayo Vallecano
1963–1964Salamanca5(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Formouse na canteira do Victoria, onde coincidiu con Amancio, e en 1958 ámbolos dous incorporáronse ao Deportivo da Coruña.[1] Estivo no equipo B ata o seu debut co primeiro equipo nun partido amigable contra o Ourense no Carballiño.

Nas tempadas 1959/60 e 1960/61 da Segunda División formou parte do primeiro equipo, adestrado por Jesús Barrio, como terceiro porteiro por detrás de Emery e Rafa. Xogou só 3 partidos oficiais durante esas dúas campañas, nos que encaixou cinco goles. Non contou con ningún minuto na seguinte campaña, con Otxoa no banco, na que os primeiros gardametas foron Pampols e Emery, e na que o Deportivo conseguiu o ascenso á Primeira División.

En 1962 deixou o equipo coruñés e fichouno o Rayo Vallecano por recomendación de Amancio.[1] Na tempada 1963–64 xogou co Salamanca en Segunda División, onde tamén foi o terceiro porteiro do equipo (detrás de Miguel Benito e José Sánchez-Rojas). Ese ano o equipo castelán descendeu a Terceira División.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: