Mosteiro de Santa María de Penamaior
O mosteiro de Santa María de Penamaior é unha antiga abadía beneditina situado na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá.
Mosteiro de Santa María de Penamaior | |
---|---|
Mosteiro de Santa María de Penamaior | |
País | España |
Localización | Penamaior (Becerreá) |
Coordenadas | 42°52′37″N 7°12′27″O / 42.876922222222, -7.20761111111117°12′27″O / 42.876922222222, -7.2076111111111 |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito e Orde do Císter |
Estilo | arquitectura románica |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
A referencia máis antiga deste mosteiro é do ano 922, cando Ordoño II encargou ó abade Virila a restauración do mosteiro de Samos, daquela en clara decadencia. Virila enviou 16 dos seus monxes até Samos a facer este traballo. Enténdese logo que Penamaior foi fundado nunha data anterior ó 922. Porén, semella que o edificio actual foi construído nunha data un pouco posterior, xa o tímpano da entrada foi gravado no 1177.[1]
En 1188, dependía como priorado do mosteiro de Carracedo e é en 1203 cando Carracedo se afilia á abadía de Císter cos dez mosteiros que controlaba, entre os cales estaba o de Penamaior. En 1225, o mosteiro de Penamaior aparece co título de abadía que depende de Citeaux.[2]
No ano 1505, o mosteiro afiliouse á Congregación de Castela, quedando unida a San Salvador de Salamanca e perdendo definitivamente a dignidade abacial. Penamaior era un dos mosteiros cistercenses máis pequenos de Galicia, cunha comunidade que contaba con tres membros, en 1584 ou sete, en 1803.[1]
- Relevo de Vilarín (s. I-II)
- Mosteiro de Santa María de Penamaior
- Mosteiro de Santa María de Penamaior
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Freire Camaniel, José: El monacato gallego en la alta edad media, Fund. Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1998.
- Pérez Rodríguez, Francisco Javier: Mosteiros de Galicia na Idade Media, Deputación Provincial de Ourense. Ourense, 2008.
- Seijas Montero, María: Los cistercienses en el sudoeste de Galicia a fines del Antiguo Régimen, Santiago de Compostela, 2009.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Mosteiro de Santa María de Penamaior na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.