Nasalis larvatus

especie de mamífero

O Nasalis larvatus é unha especie de primate catarrino da familia Cercopithecidae.[2] É herbívoro e endémico da illa de Borneo, no sueste asiático. É a única especie do xénero Nasalis.

Nasalis larvatus

Exemplar en Borneo.
Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Mammalia
Orde:Primates
Suborde:Haplorrhini
Infraorde:Simiiformes
Parvorde:Catarrhini
Familia:Cercopithecidae
Subfamilia:Colobinae
Xénero:Nasalis
É. Geoffroy, 1812
Especie:Nasalis larvatus
Wurmb, 1787
Distribución da especie.
Distribución da especie.

Distribución da especie.

Aliméntase de brotes e follas. Normalmente desprázase rubindo polas árbores, pero tamén é bo nadador, capaz de cruzar profundas canles para conseguir comida ou escapar dalgún perigo.

A perda do seu hábitat natural, así como a caza provocaron que esta especie se atope en perigo de extinción, e só se sabe da existencia de 7000 exemplares.[3]

Distribución e hábitat

É unha especie territorial, que unicamente se atopa na illa de Borneo. Habitan nos bosques mixtos, mangleiros pantanosos, bosques preto de ríos e selvas tropicais. Evitan as zonas deforestadas e os asentamentos humanos.

Notas

🔥 Top keywords: