Nate Thurmond

baloncestista estadounidense

Nathaniel "Nate" Thurmond, nado o 25 de xullo de 1941 en Akron (Ohio), e finado o 16 de xullo de 2016 en San Francisco, foi un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa carreira na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no terceiro posto primeira rolda do Draft da NBA polos San Francisco Warriors en 1963, equipo no que pasou a maior parte da súa carreira. Posteriormente tamén xogaría nos Chicago Bulls e nos Cleveland Cavaliers. Era alcumado polos fans como "Nate the Great" (do inglés: Nate o Grande).

Nate Thurmond
PosiciónAla-pivote/ pivote
Dorsal42
Altura2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial102 kg (225 lb)
Nacemento25 de xullo de 1941 (82 anos)
Estado de Ohio Akron, Ohio
Carreira
UniversidadeBowling Green
NBA Draft1963 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por
San Francisco Warriors
Tempadas19631977
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos    14 437 (15,0 pp)
Rebotes    14 464 (15,0 pp)
Asistencias    2 575 (2,7 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Thurmond foi o primeiro xogador da historia da NBA en conseguir un "cuádruplo-dobre", o facer nun só partido 22 puntos, 14 rebotes, 13 asistencias e 12 tapóns. Tamén é un dos únicos cinco xogadores que teñen unha media de máis de 15 rebotes por partido no total da súa carreira, e un dos únicos catro en superar os 40 rebotes nun só encontro. Tamén cómpre destacar as súas sete nomeamentos para xogar o All-Star. Unha vez retirado, grazas á súa traxectoria, recibiu diversos recoñecementos. En 1985 foi incluído no Basketball Hall of Fame como xogador, e once anos despois, en 1996, foi seleccionado como un dos "Cincuenta mellores xogadores da historia da NBA. Tamén dous dos equipos nos que xogou, os Golden State Warriors e os Cleveland Cavaliers, retiraron a súa camisola co dorsal 42 en homenaxe.

Traxectoria

Universidade

Rexeitou unha opción de ingresar na Universidade de Ohio State, e elixiu unha moi pouco coñecida, a Universidade Bowling Green State. Durante o tres anos que permaneceu nela fixo unhas medias de 17,8 puntos e 17 rebotes por partido,[1] o que lle permitiu ser elixido como un dos mellores universitarios do país en 1963.

NBA

Foi elixido no draft de 1963 polos San Francisco Warriors na terceira elección da primeira rolda.[1] Non lle foi fácil adaptarse á liga profesional, xa que as comparacións cos grandes pivotes dominantes da época como Wilt Chamberlain ou Bill Russell eran constantes. Co primeiro coincidiu en San Francisco, tendo que cambiar a súa posición pola de ala, e tendo que esperar a que traspasasen á súa grande estrela a Philadelphia en 1965 para poder actuar na súa posición natural. Iso incrementou o seu rendemento, converténdose nun dos pivotes dominantes da época.

Conseguiu un espectacular récord da NBA ao atrapar 18 rebotes nun só cuarto contra Baltimore, que aínda se mantén, e dificilmente será superado. Foi tamén o primeiro xogador da historia en conseguir un "cuádruplo-dobre" con 22 puntos, 14 rebotes, 13 asistencias e 12 tapóns nun único partido.[2] En 1974 é traspasado xunto con Rowland Garrett aos Chicago Bulls a cambio de Eric Fernsten e Steve Patterson, xa no declive da súa carreira, acabando a mesma nos Cleveland Cavaliers aos 35 anos, facendo unha media nas súas 14 tempadas como profesional 15 puntos e 15 rebotes por partido.

Logros

  • Sete veces All-Star (1965–1968, 1970, 1973–1974).
  • Dúas veces no Primeiro equipo defensivo (1969, 1971).
  • Tres veces no Segundo equipo defensivo (1972–1974).
  • Primeiro equipo rookie (1964).
  • Rookie do Ano da NBA (1955).
  • Primeiro xogador en conseguir un "cuádruplo-dobre" na historia da NBA (1974)
  • Un dos únicos cinco xogadores cunha media maior de 15 rebotes por partido no total da súa carreira.
  • Un dos únicos cinco xogadores cunha media maior de 20 rebotes por partido nunha temporada (1967–1968).
  • Un dos únicos catro xogadores en conseguir máis de 40 rebotes nun só partido (42 en 1965).
  • Nomeado un dos 50 mellores xogadores da historia da NBA (1996).
  • Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (1985).
  • Número 42 retirado por Golden State Warriors.
  • Número 42 retirado por Cleveland Cavaliers.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: