Nebulosa do Cangrexo

A nebulosa do Cangrexo (tamén coñecida como M1, NGC 1952, Taurus A e Taurus X-1) é un resto de supernova resultante da explosión dunha supernova en 1054 (SN 1054), recollida por astrónomos chineses e xaponeses.[4] Os datos, recollidos no 1921 por Carlo Otto Lampland permitironlle a identificación da nevbulosa como restos da supernova.[5] Situada a unha distancia de aproximadamente 6300 anos luz (1930 pc[2]) da Terra, na constelación de Taurus, a nebulosa ten un diámetro de seis anos luz (1,84 pc) e a súa velocidade de expansión é de 1500 km/s.

Nebulosa do Cangrexo
Nebulosa do Cangrexo
Datos para a observación
Época= X2000.0
Tipo de obxectoResto de supernova
Ascensión recta5h 34m 31,97s[1]
Declinación+22° 00′ 52,1″[1]
Distancia6.300 anos luz (1.930 pc[2])
Magnitude aparente+8,4[3]
ConstelaciónTaurus
Características físicas
Radio3 anos luz
Magnitude absoluta-3,2[3]
Outras designaciónsM1,[1] NGC 1952[1]

O centro da nebulosa contén un púlsar, denominado PSR0531+121, que xira sobre el mesmo a trinta revolucións por segundo, emitindo tamén pulsos de radiación que van dende os raios gamma nas ondas de radio. O descubrimento da nebulosa foi a primeira evidencia que indica que as explosións de supernova producen púlsares.

No hemisferio sur tamén hai unha Nebulosa do Cangrexo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: