Orix Buffaloes

Os Orix Buffaloes (オリックス・バファローズ Orikkusu Bafarōzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con sede na cidade de Osaka. O actual equipo foi formado coa fusión no ano 2004 dos Orix BlueWave de Kobe, Hyōgo, e os Kintetsu Buffaloes de Osaka. O equipo xoga actualmente na Liga do Pacífico do Nippon Professional Baseball (NPB). O equipo é propiedade do Grupo Orix, unha empresa de servizos financeiros con sede en Toquio.

Orix Buffaloes
Fundado en 1936
En Osaka desde 2007
Insignia
Liga
Liga Nippon Professional Baseball
DivisiónPacific League (1950–presente)
Liga anteriorJapan Baseball League (1936–1949)
Imaxe do equipo
Cores               Marino, dourado, branco
Datos do equipo
AnteriorHankyu (1936–1946)
Hankyu Braves (1947–1988)
Orix Braves (1989–1990)
Orix BlueWave (1991–2004)
EstadioZozo Marine Stadium
Estadios antigosTakarazuka Kyūjō (1936)
Hankyu Nishinomiya Stadium (1937–1990)
Kōbe Sōgō-Undō-Kōen Yakyūjō (1991–2004, 2006)
MascotaBuffalo Bull e Buffalo Bell
DonoOrix Kabushiki-gaisha
AdestradorNorifumi Nishimura
Títulos
Nippon S. (5)1975, 1976, 1977, 1996, 2022
Pacific L. (14)1967, 1968, 1969, 1971, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1984, 1995, 1996, 2021, 2022

Tras a fusión dos BlueWave e os Buffaloes en 2005, o novo xogou as súas dúas primeiras temporadas os seus partidos como local un no estadio Hotto Motto Field de Kobe, antigo fogar dos BlueWaves, e outro no Osaka Dome. Posteriormente, desde 2007, o equipo xoga os seus partidos como local en exclusiva no Osaka Dome. O estadio conta con capacidade para 36.146 espectadores. Os Buffaloes posúen catorce títulos da Liga do Pacífico e cinco Series do Xapón (1975, 1976, 1977, 1996 e 2022).

Historia

Takao Kajimoto.

O equipo foi fundado en 1936 co nome de Club de Béisbol Osaka Hankyu (大阪阪急野球協会 Ōsaka Hankyū Yakyū Kyōkai?) baixo control da compañía de ferrocarril Hankyu Railway (阪神急行電鉄 Hanshin Kyūkō Dentetsu?), converténdose así nun dos equipos de béisbol profesional xaponés máis antigos. En 1946 o club muda de nome a Hankyu Braves (阪急ブレーブス Hankyū Burēbusu?). A comezos da década de 1950, a franquía fixo un esforzo por atraer a talentos estranxeiros, particularmente veteranos afroamericanos das Ligas Negras estadounidenses,[1] entre eles os infielders John Britton e Larry Raines, e os pitchers Jimmy Newberry e Rufus Gaines. Estes xogadores foron os primeiros estadounidenses, alén de Wally Yonamine, en xogar no Xapón após a segunda guerra mundial.

A mediados da década de 1960, os Bravwes convertéronse nun dos equipos máis poderosos da Liga do Pacífico e do béisbol xaponés en xeral. Entre 1967 e 1972, o equipo gañou o título do Pacífico en cinco ocasións, mais sen éxito nas Series do Xapón, onde perderon sempre ante os Yomiuri Giants. O adestrador dos Braves da época, Yukio Nishimoto, foi coñecido como o "gran maestro da mala sorte" (悲運の名将 Hiun no meishō?) debido ao seus éxitos acompañados dunha derrota na final. Con todo, a mala xeira rematou en 1975, cando conseguiron gañar tres Series do Xapón consecutivas (ante Hiroshima Toyo Carp en 1975 e ante os Giants en 1976 e 1977) da man do técnico Toshiharu Ueda. Entre os xogadores máis destacados da época estaban o pitcher Hisashi Yamada e o outfielder Yutaka Fukumoto.

Nos anos 1980 o equipo mantivo o seu status, mais foron superados cada ano da década polos Seibu Lions excepto en 1984. O 19 de outubro de 1988, Hankyu anunciou a venda da franquía á compañía Orient Lease (desde 1989 coñecida como Orix). Ese dái foi coñecido como "o máis longo da Liga do Pacífico", xa que, alén da venda, o Braves xogaron o lendario dobre xogo polo título do Pacífico contra os Kintetsu Buffaloes (que finalmente non puideron gañar). A venda, por outra banda, foi toda unha sopresa por varios motivos. Neses anos non era nada habitual que mudase a propiedade dos equipos, e menos que unha grande compañía vendese unha das súas partes. De feito, pensábase que unha compañía tan grande como Hankyu nunca tería necesidade de facer unha venda deste tipo. A venda foi relaizada baixo dúas condicións: o mantemento da franquía en Nishinomiya e que o equipo conservase o nome de Braves. Así, desde 1989 até 1991 o equipo chamouse Orix Braves (オリックス・ブレーブス Orikkusu Burēbusu?) e xogou en Nishiomiya.

En 1991 Orix anuncia o mudanza de nome a Orix BlueWave (オリックス・ブルーウェーブ Orikkusu Burūuēbu?) e o seu traslado a un novo estadio en Kōbe. O movemento sorprendeu aos seus seareiros, mais a proximidade entre as dúas cidades e as melloras do novo campo fixeron a maioría aceptase finalmente o traslado, aínda que mantendo nostalxia polo antigo nome. Coa mudanza de nome, o equipo comezou a ser coñecido ás veces como Aonami ou Seiha (青波), que significa "onda azul" (en [[lingua inglesa|inglés: blue wave). En 1995 e 1996 os BlueWave, liderados por Ichiro Suzuki, conseguiron gañar a Liga do Pacífico, así como as Series do Xapón de 1996. En decembro de 2004 a dirección do Orix BlueWave de Kōbe anunciou a súa fusión cos Kintetsu Buffaloes de Osaka para formar os Orix Buffaloes. No acordo estipulouse que Orix obtería o 80 por cento das accións da franquía, mentres que Kintetsu ficaría co 20 por cento restante. O acordo entre os dous clubs supuxo unha importante reestruturación que afectou á Liga Xaponesa de Béisbol Profesional. A fusión deixou un panorama pouco usual durante os dous primeiros anos, nos que xogaron un en Osaka e outro en Kōbe. Ademais, o elenco de xogadores foi confeccionado a partir dos xogadores de ambos os equipos.

Nomes

Ao longo dos anos o equipo tivo diferentes nomes:[2]

  • Hankyu (1936−1946)
  • Hankyu Braves (1947−1988)
  • ORIX Braves (1989−1990)
  • ORIX Blue Wave (1991−2004)
  • ORIX Buffaloes (2005−presente)

Estadio

Osaka Dome.
Artigo principal: Osaka Dome.

Actualmente, os Orix Buffaloes xogan os seus encontros como local no Osaka Dome. O estadio, inaugurado o 1 de marzo de 2007, ten capacidade para 36.146 espectadores, ampliábeis a 45.000 en caso de concertos. Ao longo dos anos os Orix Buffaloes teñen utilizado os seguintes estadios:

EstadioLocalizaciónPrefecturaCapacidadePeríodo
Takarazuka KyūjōTakarazuka Hyōgo32.5001936
Hankyu Nishinomiya StadiumNishinomiya Hyōgo55.0001937−1990
Kōbe Sōgō-Undō-Kōen YakyūjōKobe Hyōgo35.0001991−2004, 2006
Osaka DomeOsaka Osaka36.1462005, 2007−

Xogadores

Números hornados

Os Orix Buffaloes non teñen retirado ningún dorsal ao longo da súa historia. Porén, desde o ano 2000 ningún xogador leva o dorsal 51 de Ichiro Suzuki. O propio xogador pediu ao adestrador Akira Ōgi en 2005 que levase o seu número, máis este declinou a oferta como homenaxe. Máis tarde, no 2011 o dorsal foi ofrecido a Tomochika Tsuboi, mais este tamén rexeitou a oferta como homenaxe. Desde o retiro de Ichiro en 2009 está pendente de decisión se se retira ou non o dorsal definitivamente.

Xogadores MLB

Ichiro Suzuki.
Ryan Vogelsong.
PaísXogadorPosiciónTemporadas no equipo
Yuniesky BetancourtShortstop2014
Cliff BrumbaughOutfielder2005–2006
Joey ButlerOutfielder2014
Shigetoshi HasegawaPitcher1990–1996
Yoshihisa HiranoPitcher2006–2007, 2009–2017
Masao KidaPitcher1998, 2000–2001
Dae-Sung KooPitcher2001–2004
Brad LesleyPitcher1986–1987
Troy NeelPrimeira base1995–2000
Chan Ho ParkPitcher2011
Tuffy RhodesOutfielder2007–2009
Daryl SpencerSegunda base1964–1968, 1971–1972
Ichiro SuzukiOutfielder1992–2000
So TaguchiOutfielder1992–2001, 2010−2011
Ryan VogelsongPitcher2009

Salón da Fama

Os seguintes membros dos Orix Buffaloes forman parte do Salón da Fama do báisbol xaponés:

Seleccionados principalmente pola súa labor nos Hankyu Braves:

  • Yutaka Fukumoto, CF, 1969–1988 (introducido en 2002)
  • Takao Kajimoto, P, 1954–1973 (introducido en 2007)
  • Hisashi Yamada, P, 1969–1988 (introducido en 2006)
  • Tetsuya Yoneda, P, 1956–1975 (introducido en 2000)

Seleccionados polo seu servizo en outros equipos, así como en Hankyu e Orix:

  • Hiromitsu Kadota, DH, 1989–1990 (introducido en 2006)
  • Futoshi Nakanishi, Adestrador, 1995–1997 (introducido en 1999)
  • Akira Ōgi, Adestrador, 1994–2001, 2005 (introducido en 2004)
  • Toshiharu Ueda, Adestrador, 1974–1978, 1981–1990 (introducido en 2003)

Mascotas

Até o ano 2010 as mascotas dos Orix Buffaloes eran:

  • Neppie (dorsal 111), un rapaz novo con pelo castaño e ollos azuis.
  • Ripsea (dorsal 222), unha rapaza nova con pelo rubio e ollos verdes. Alen do cabelo, levaba outros elementos de cor vermella como un pano no pescozo e ocasionalmente unha luva de béisbol.

Desde o ano 2011 as mascotas son:

  • Buffalo Bell (dorsal 222), un búfalo femia antropomórfica de cor rosa, co cabelo e os ollos violetas, e cornos dourados. É a irmá de Bull.
  • Buffalo Bull (dorsal 111), un búfalo macho antropomorfico de cor vermella con cornos dourados. É o irmao de Bell.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: