Partitura

documento coa transcrición dunha obra musical

Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación.[1][2]Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.

Exemplo dunha partitura.

En música orquestral, denomínase partitura ao documento que utiliza exclusivamente o director de orquestra e que contén toda a obra que se executará. En contraste, particella ou parte é o nome dado a cada unha das partituras que teñen os intérpretes dos diferentes instrumentos.[1][2]

Notas

🔥 Top keywords: