Pharrell Williams
cantautor, rapeiro, produtor, músico e deseñador de roupa estadounidense
Pharrel Williams, nado o 5 de abril de 1973, tamén coñecido simplemente como Pharrell, é un cantautor, rapeiro, produtor, músico e deseñador de roupa estadounidense. Williams e Chad Hugo fundaron a produtora The Neptunes, producindo música soul, hip hop e R&B. Tamén é o líder vocalista e batería da banda N.E.R.D, que formou con Hugo e o seu amigo da infancia Shay Haley. Lanzou o seu primeiro sinxelo "Frontin'" en 2003 e a continuación seguiuno o seu primeiro álbum en solitario In My Mind no 2006.[1] O seu segundo álbum, G I R L foi estreado o 3 de marzo de 2014.[2]
Como parte de The Neptunes, Williams produciu numerosos éxitos de diversos artistas.[3] Williams gañou sete Premios Grammy, incluíndo dous con The Neptunes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina Oficial (en inglés)
🔥 Top keywords: