Piccadilly Circus

0°08′04″O / 51.51, -0.13444444444444

Piccadilly Circus é unha intersección de rúas e un espazo público do West End de Londres, na Cidade de Westminster.

Imaxe de Piccadilly Circus en 2012.

Foi construído en 1819 para conectar Regent Street coa principal rúa de compras, Piccadilly (a palabra "circus" refírese a un "espazo circular aberto nunha intersección de rúas"), e liga directamente cos teatros en Shaftesbury Avenue así como con the Haymarket, Coventry Street (en dirección a Leicester Square) e Glasshouse Street. A súa proximidade ás principais zonas de compras e entretemento, a súa situación céntrica no corazón do West End, e o feito de ser a maior intersección de tráfico fixeron de Piccadilly Circus un importante punto de encontro e unha atracción turística en si mesma.

Esta intersección é coñecida polas súas grandes pantallas de vídeo e os seus carteis publicitarios de neon, montados no edificio situado na esquina que dá ao cara norte, así como pola fonte en memoria de Shaftesbury e a estatua coñecida como Eros (chamado en ocasións O Anxo da Caridade Cristiá, e que en realidade é Anteros). Está rodeado por gran cantidade de edificios destacables, incluíndo o London Pavilion e o Criterion Theatre. Baixo a praza atópase a estación de Piccadilly Circus do Metro de Londres.

Historia

A intersección en 1896.

O termo Piccadilly aparece por primeira vez en 1626 para nomear unha casa, Pickadilly Hall, pertencente a Robert Baker, un xastre famoso por vender piccadills ou piccadillies, termos usados para denominar varios tipos de pescozo (golas). A rúa era coñecida como Portugal Street en 1692 en honra a Catarina de Portugal, a esposa do Rei Carlos II de Inglaterra, pero xa era coñecida como Piccadilly cara a 1743. Piccadilly Circus foi creado en 1819, para a unión con Regent Street, que estaba a ser construída naquela en base ao proxecto de John Nash no lugar en que se atopaban unha casa e un xardín pertencentes a Lady Hutton. O cruzamento perde a súa forma circular en 1886 coa construción de Shaftesbury Avenue.

A unión destas rúas soportou un fluxo de tráfico moi denso xa desde a súa construción, xa que se sitúa no centro de Theatreland, o principal distrito de teatro de Londres, e soporta o tráfico saínte de Piccadilly, ao que Charles C. B. Dickens, fillo de Charles Dickens, describiu como "Picadilly, a gran vía que vai de Haymarket e Regent Street ao oeste de Hyde Park Corner é o máis parecido ao bulevar parisiense do que Londres pode alardear."

A estación de metro de Piccadilly Circus foi aberta o 10 de marzo de 1906 na Liña Bakerloo, e na Liña Piccadilly en decembro dese ano. En 1928 a estación foi en gran parte reconstruída para soportar o incremento do tráfico.

Debido á súa proximidade ao Soho, o circus foi un punto de encontro importante na escura historia dos homosexuais en Gran Bretaña, especialmente como un foco de prostitución e encontros informais. Cando Alfred Kinsey visitou Londres para estudar as actitudes sexuais Inglesas, pediu ser levado por un tour sexual a Soho. O mundo ao redor de Piccadilly Circus e Leicester Square asombráronlle. Comparando Londres coas culturas sexuais de Centroamérica, Kinsey afirmou que nunca vira tanta prostitución rueira, fóra da Habana.

Os primeiros anuncios eléctricos da intersección apareceron en 1910, e en 1923 colocáronse os valos publicitarios eléctricos na fachada do London Pavilion. Os primeiros semáforos foron instalados o 3 de agosto de 1926 na intersección.

A Fonte en Memoria de Shaftesbury ("Shaftesbury Memorial Fountain", en inglés) de Piccadilly Circus foi erixida en 1893 para conmemorar os traballos filantrópicos de Anthony Ashley-Cooper (VII conde de Shaftesbury). Durante a Segunda guerra mundial, a estatua situada encima da Fonte en Memoria de Shaftesbury, foi substituída por valos publicitarios, até 1948, cando foi devolta. Durante os traballos de reconstrución do circus nos pasados anos 80, a fonte enteira foi trasladada do centro da unión, ao principio de Shaftesbury Avenue, até a súa posición actual, na esquina sueste.

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: