Plantas do tabaco

especie de planta
Artigo principal: Tabaco (planta).

O tabaco é un grupo de plantas herbáceas do xénero Nicotiana cultivadas anualmente. As plantas son de orixe tropical, medran habitualmente en todo o mundo e acostuma atoparse en cultivos. Chega até alturas entre 1 e 2 metros (3 a 6 pés).

Ilustración científica da Nicotiana tabacum, do século XIX.

Nome e ascendencia

Ilustración científica de Nicotiana rustica, do século XIX.

A planta máis empregada como tabaco é orixinaria do Caribe, onde os taínos foron os primeiros pobos rexistrados en utilizala e cultivala. En 1560, Jean Nicot de Villemain, entón embaixador francés en Portugal, levou sementes e follas de tabaco como á corte francesa. En 1586 o botánico Jaques Dalechamps deulle á planta o nome de Herba nicotiana, na honra de Jean Nicot, que tamén foi adoptado por Carl von Linné. Considerouse ao principio unha planta decorativa, despois unha panacea, antes de converterse nunha planta común de tabaco.

O seu nome científico é Nicotiana tabacum. A investigación está en curso sobre a súa ascendencia entre as especies silvestres de Nicotiana, pero crese que é un híbrido de Nicotiana sylvestris, Nicotiana tomentosiformis e posibelmente Nicotiana otophora.[1] É a máis cultivada de todas as plantas do xénero Nicotiana para ser transformada, especialmente as súas follas, en tabaco.

Outra variante é a Nicotiana rustica L., coñecida en América do Sur co nome común de mapacho e en Vietnam por thuoc lao (thuốc lào). É unha planta cultivada polo seu alto contido en alcaloides, e trátase dunha variedade de tabaco potente que, pola súa alta concentración de nicotina, úsase para producir pesticidas orgánicos, xa que as follas de N. rustica teñen un contido en peso de nicotina que pode alcanzar o 9%, mentres que as follas de Nicotiana tabacum (tabaco común) conteñen só entre 1 e 3% dese alcaloide.[2]

Parasitos

A avelaíña do tubérculo da pataca (Phthorimaea operculella) é un insecto oligófago que prefire alimentarse de plantas da familia das solanáceas como as plantas de tabaco e outras especies silvestres de Nicotiana. A femia de P. operculella usa as follas para poñer os seus ovos e as larvas eclosionadas comen o mesofilo da folla.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos


 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: