Polimorfismo

páxina de homónimos de Wikimedia

Polimorfismo, polimórfico ou polimorfo, do grego "poli" (moitas) e "morfe" (forma), utilízanse cando algo pode ter varias formas, e pode referirse en concreto a:

Bioloxía

Outros

  • Polimorfismo (ciencia da computación), a capacidade dun programa informático de presentas o mesmo interface de programación para difeentes formas (tipos de datos, clases) subxacentes.
  • Polimorfismo (virus informáticos), técnica utilizada por virus informáticos e vermes para modificar partes do seu código dificultando a súa detección. Un código polimórfico é un código de programa que se automodifica deseñado para derrotar aos programas antivirus ou aos enxeñeiros inversos.
  • Polimorfismo (ciencia dos materiais), a capacidade dun material sólido de existir en múltiples formas ou estruturas cristalinas coñecidas como morfos.
  • Polimorfismo de lípidos, a propiedade dos anfífilos que dá lugar a varias formas de agregación dos lípidos.

Lingua e escritura

  • En morfosintaxe (semántica), refírese á posibilidade de que un mesmo vocábulo posúa formas distintas, con variantes combinatorias diversas dentro da súa estrutura morfolóxica.
  • En pericia caligráfica, coñécese como polimorfismo gráfico a maneira de trazar unha mesma letra de forma diferente por un mesmo amanuense ou autor. Dita característica pode aparecer nun mesmo escrito.

Ficción

  • Na ficción os polimorfos son seres que cambian de forma. Por exemplo:
    • Polimorfos, alieníxenas que cambian de forma na serie ficcíón científica Red Dwarf
    • Polymorph (libro), unha novela de 1997 de Scott Westerfeld
    • Polimorfo, un encantamento máxico en moitos xogos de rol de fantasía que transforma ao afectado nunha de entre varias posibles criaturas durante un período de tempo.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Complexo QRS polimórfico, un patrón de ondas que pode verse en electrocardiogramas.
  • Perversidade polimórfica, un concepto da teoría psicanalítica.
  • Polymorph, un nome comercial do polímero de temperatura de fusión baixa policaprolactona.
🔥 Top keywords: