Portal das Palabras

O Portal das Palabras é un espazo en Internet creado en 2013 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir o léxico e a lexicografía do galego.[1][2]

Desde o seu nacemento pode accederse desde el ao Dicionario da Real Academia Galega e mantén as seccións Palabra do día, Mira que din, Setestrelo, Palabras asinadas e Pregúntalle á Academia. Ó longo dos anos foi incorporando xogos, novas, ligazóns e descargas. En 2016 incorporou a sección Allos con bugallos.[3]

Tamén promoveu dende o 2014 a elección da Palabra do Ano, cunha votación popular[4].

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega é o responsábel dos seus contidos.[5]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: