Pulau Ujong

Pulau Ujong (malaio: literalmente 'illa do final'), tamén coñecida como Illa Singapur ou Singapur continental , é a principal illa constituínte de Singapur. Forma parte do Arquipélago Malaio e atópase na punta de Malaisia Peninsular. A illa forma a maioría do país en termos de superficie e poboación xa que os cidadáns non poden residir nas illas máis pequenas de Singapur.[2] Cunha poboación de 5.469.700 habitantes e unha superficie de 710 quilómetros cadrados, Pulau Ujong é a 21ª illa máis poboada do mundo e a 31º illa máis densamente poboada do mundo.

Pulau Ujong
ڤولاو اوجوڠ
Localización da illa
Mapa da illa de Singapur
Situación
País Singapur
MarEstreito de Malaca
Coordenadas1°23′00″N 103°48′00″L / 1.38333, -103.80000103°48′00″L / 1.38333, -103.80000
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie584´8 km²
Longura máxima51 km.
Largura máxima26 km.
Perímetro193 km.
Punto máis alto176 m. Bukit Timah Hill
Demografía
CapitalSingapur
Poboación5.469.700 hab.[1]

Etimoloxía

Pulau Ujong foi a primeira referencia á illa de Singapur. A referencia chinesa do século III a Po Lo Chung (蒲羅中)corresponde á referencia malaia coñecida como Pulau Ujong.[3] Os viaxeiros desde o Estreito de Malaca ata o Mar do Sur da China terían que atravesar a illa, de aí o nome Pulau Ujong. Como o antigo nome de Johor "Ujong Tanah" significa "Fin da terra", a illa era máis coñecida por Orang laut como Pulau Ujong literalmente significa "Illa do Final". Ujong Tanah ou as súas variantes tamén se usaron en fontes europeas como nome para Singapur.[4]

Lenda

Segundo un libro do século terceiro "Rexistro de países estranxeiros durante o período oriental Wu" (吴时外国传), Pu Luo Jong (Pulao Ujong) estaba habitado por caníbales con cabeleiras de 15 cm.[5]

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Singapur.

A illa mide 50 quilómetros de leste a oeste e 26 quilómetros de norte a sur con 193 quilómetros de costa.[6] O punto máis alto de Singapur é Bukit Timah Hill, cunha altura de 165 m está integrado por rocha magmática e granito. Os outeiros e os vales de rocha sedimentaria dominan o noroeste, mentres que a rexión oriental está formada por area e unha terra máis plana. Desde 1822, houbo obras de recuperación de terras por parte dos británicos, que nese momento controlaban a illa e o goberno de Singapur seguiu aumentando o tamaño da illa logo da independencia, o que aumentou a superficie da illa de 580 km² na década de 1960 aos 710 km² da actualidade.[7]

Puntos extremos

O extremo máis setentrional da illa é Sembawang. Os puntos máis occidentais e meridionais atópanse en Tuas. O punto máis oriental da illa é Changi Bay.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Victor R Savage; Brenda Yeoh (2004). Toponymics A Study of Singapore's Street Names. Eastern University Press. ISBN 981-210-364-3. 

Outros artigos

🔥 Top keywords: