Río Támese

O río Támese[1][2] ou río Támesis[3][4][5][6] (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.

Thames (en inglés)
Támese (en galego)
Támesis (en galego)
PaísReino Unido
NacementoThames Head
Altitude110 m
Lonxitude346 km
Conca12.935
Caudal medio65.8
DesembocaduraMar do Norte
Altitude desembocadura0 m
Curso do Támese
O río Támese ao paso por Londres.

Etimoloxía

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura"[7] que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega., Tameiga en Mos.

Curso

As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.[Cómpre referencia]

Historia

Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.[Cómpre referencia]

O Támese xeado (1677).

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.[Cómpre referencia]

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.[Cómpre referencia]

A regata Oxford-Cambridge

O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: