Rúa de Juan Flórez (A Coruña)

rúa da Coruña

8°24′30″O / 43.365669575343, -8.4083546664655

A rúa de Juan Flórez é unha rúa da Coruña. Serviu de tradicional saída da cidade, bordeando o Primeiro Ensanche.

Rúa de Juan Flórez
Inicio da rúa de Juan Flórez
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,95 km
Formatodous carrís en cada sentido mais beiravía e beirarrúa
Localización
InicioPraza de Pontevedra
FinAvenida de Alfonso Molina
LocalidadeA Coruña
Circulación
TránsitoPeonil e rodado

Está situada entre a praza de Pontevedra e a avenida de Alfonso Molina.

Historia

A rúa era coñecida como Estrada de Castela e Camiño Novo e xa nos planos do século XVIII aparecía o seu trazado. O nome actual recibiuno en 1900 como homenaxe a Juan Flórez, alcalde da cidade a mediados do século XIX.

Ata a década de 1930 conservou árbores na marxe esquerda, que viñan da época de Carlos III.[1]

Institucións e comercios

Na rúa estivo situado ata 1968 o Leirón do Sporting Club Casino, onde se organizaban verbenas,[2][3] e, entre 1920 e 1969, o Salón Doré.[4] Tamén estivo a fábrica da importante industria téxtil La Primera Coruñesa, que tiña unha alta cheminea.[5][6]

Paralelo á praza do Libro estaba o Colexio Dequidt, institución laica de ensino, que desapareceu na década de 1960[1] e dende 1915 atópanse na rúa as Escolas Labaca.[7]

Arquitectura

Chalé Escudero.

Dos chalés que houbo na rúa de Juan Flórez só perdura o Chalé Escudero. Porén, consérvanse algúns edificios destacados, algúns deles catalogados:[8]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4. 

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: