Ramon Saizarbitoria

escritor español

Ramon Saizarbitoria, nado en Donostia o 21 de abril de 1944, é un escritor vasco en lingua éuscara.[1]

Infotaula de personaRamon Saizarbitoria

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Friburgo, Suíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sociólogo , poeta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuskadiko Ezkerra Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Inguma: ramon-saizarbitoria-zabaleta Literaturaren Zubitegia: 132

Traxectoria

Licenciado en socioloxía e director do Centro de Documentación e Estudios Sociolóxicos SIIS, publicou numerosos libros no eido dos servizos sociais. En 1967 creou a editorial LUR xunto con outros escritores, e na década dos 70 creou a revista literaria Oh Euzkadi.

Traballou principalmente a novela, mais tamén escribiu ensaio e poesía. Está considerado un dos autores máis importantes da literatura en éuscaro. Está considerado, canda Txillardegi, como o modernizador da novela vasca. Publicou a maioría dos seus traballos na editorial Erein. En 1985, o director Alfonso Ungría levou ao cinema o seu libro Ehun metro.

Foi elixido membro correspondente da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia).[2]

Bibliografía

Novela

  • Egunero Hasten Delako ("Porque empeza cada día") (1969).
  • Ehun metro ("Cen metros") (1976). Foi traducida ao castelán, inglés e italiano.
  • Ene Jesus ("Meu Xesús") (1982).
  • Hamaika Pauso ("Os pasos incontables") (1995).
  • Bihotz bi. Gerrako kronikak ("Dous corazóns. Crónica de guerra") (1996).
  • Gorde nazazu lurpean ("Gárdame baixo terra") (2000).
    • Gudari zaharraren gerra galdua ("A guerra perdida dos vellos soldados") (2000).
    • Rossetti-ren obsesioa ("A obsesión de Rossetti") (2001)
    • Bi bihotz, hilobi bat ("Dous corazóns, unha tumba") (2001).
  • Kandinskyren tradizioa ("A tradición de Kandinsky") (2003).
  • Martutene (2012).
  • Lili eta biok[3] ("Lili e mais eu") (2015). Erein, ISBN 978-84-9746-941-8.
  • Miren eta erromantizismoa ("Mirada e romanticismo") (2019).

Ensaio

  • Mendebaleko ekonomiaren historia; Merkantilismotik 1914-era arte ("Historia da economía de Occidente; do Mercantilismo a 1914") (1970).
  • Nacer en Guipúzcoa (1981).
  • Perinatalidad y prevención (1981).
  • Aberriaren alde (eta kontra) ("A favor -e en contra- da patria") (1999).

Poesía

  • Poesia banatua ("Poesía repartida") (1969).

Premios

  • Premio da Crítica en 1982 por Ene J.esus
  • Premio da Crítica en 1995 por Hamaika Pauso.
  • Premio da Crítica en 1996 por Bihotz bi. Gerrako kronikak.
  • Premio da Crítica e Euskadi Saria en 2001 por Gorde nazazu lurpean.
  • Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia en 2004.[4]
  • Lan Onari do Goberno en 2012.
  • Premio Euskadi de Literatura en 2013 por Martutene.

Notas

🔥 Top keywords: