Ranma ½

serie de manga xaponesa

Ranma ½ (らんま½ Ranma Nibun-no-Ichi?) é unha serie de manga xaponesa escrita e ilustrada por Rumiko Takahashi. Foi publicada por Weekly Shōnen Sunday dende setembro de 1987 até marzo de 1996, cos capítulos reunidos en 38 volumes tankōbon por Shogakukan. A historia xira arredor dun rapaz chamado Ranma Saotome que se adestrou nas artes marciais dende que era un cativo. Por mor dun accidente durante unha xornada de adestramentoo, quedou maldicido en converterse en rapaza cada vez que sexa mollado con auga fría, e en volver a ser rapaz cando se molla con auga quente. A trama principal é a busca de Ranma por desfacerse da maldición, atopando no seu camiño amigos, inimigos e amores.

Ranma ½
{{{caption}}}
らんま½
(Ranma Nibun-no-Ichi)
XéneroAventuras,[1] artes marciais,[2] comedia romántica[3]
Manga Ranma ½
Creado porRumiko Takahashi
EditorShogakukan
Publicado enWeekly Shōnen Sunday
Primeira ediciónsetembro de 1987
Última ediciónmarzo de 1996
Núm. de volumes38
Anime Ranma ½
Dirixido porTomomi Mochizuki
Tsutomu Shibayama
EstudioStudio Deen
Canle televisivaFuji Tv
Primeira emisión15 de abril de 1989
Última emisión16 de setembro de 1989
Núm. de capítulos18
Anime Ranma ½ Nettōhen
Dirixido porKoji Sawai
Junji Nishimura
EstudioStudio Deen
Canle televisivaFuji Tv
Primeira emisión20 de outubro de 1989
Última emisión25 de setembro de 1992
Núm. de capítulos143
Filmes
  • Ranma ½: Big Trouble in Nekonron, China
  • Ranma ½: Nihao My Concubine
  • Ranma ½: Super Indiscriminate Decisive Battle! Team Ranma vs. the Legendary Phoenix
Especiais de TV
  • OVAs
  • Serie de acción en vivo

Ranma ½ ten unha fórmula baseada na comedia e nun personaxe de sexo cambiante, que acotío se transforma en rapaza para conseguir os seus obxectivos. A serie ten outros personaxes, cuxas intricadas relacións entre eles, as súas infrecuentes características e as súas personalidades excéntricas conducen a historia da serie.

O manga foi adaptado en dúas series de anime creadas por Studio Deen: Ranma ½ e Ranma ½ Nettōhen (らんま½ 熱闘編?), sendo ámbalas dúas emitidas por Fuji Television dende 1989 a 1992. Ademais, creáronse 12 OVAs e tres filmes. No 2011, produciuse unha serie de acción en vivo emitida por Nippon Television. O manga de Ranma ½ vendeu máis de 53 millóns de copias no Xapón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: