Relixións tradicionais africanas

As relixións tradicionais africanas, ou as prácticas e crenzas tradicionais dos pobos africanos, son un conxunto crenzas moi diversas que inclúen varias relixións étnicas.[1] Polo xeral, estas tradicións son orais máis que escritas,[2][3] inclúen a crenza dun creador supremo, crenza nos espíritos, culto ós devanceiros, uso da maxia e medicina tradicional.[1][4] Polo xeral, o papel da humanidade é visto como un harmonizador da natureza co sobrenatural.[1][5]

Extensión

Un curandeiro ibo de Nixeria, en África Occidental.

Os practicantes das relixións tradicionais na África subsahariana distribúense en 43 países e estímase que o seu número rolda os 100 millóns.[6]

Malia que a maioría dos africanos son practicantes de cristianismo ou islam, os pobos africanos a miúdo combinan a prácticas das súas crenzas tradicionais coa prácticas das relixións abrahámicas.[7][7][8][9][10][11] As dúas relixións abrahámicas están amplamente difundidas ó londo de África. Substituíron as relixións indíxenas africanas, pero a miúdo son unha adaptación do contexto cultural e do sistema de crenzas.[12]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: