Saltar ao contido

Rexeneración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rexeneración (bioloxía)»)
As estrelas de mar rexeneran os seus membros.
Especie de lagarto rexenerando o rabo.

En bioloxía, a rexeneración[1] é o proceso de renovación, restauración, e crecemento que fai aos xenomas, células, organismos, e ecosistemas resilientes a acontecementos ou flutuacións naturais que causan perturbación ou dano.[2] Tódalas especies teñen capacidade de rexeneración, dende as bacterias até os humanos.[3][4] A rexeneración pode ser ora completa[5] onde o novo tecido é o mesmo que o tecido perdido,[5] ora incompleta[6] onde despois do tecido necrótico vén a fibrose.[6] No seu nivel máis elemental, a rexeneración está mediada por procesos moleculares de regulación xénica.[7][8] Porén, a rexeneración en bioloxía adoita facer referencia a procesos morfoxénicos que caracterizan os trazos de plasticidade fenotípica que permiten aos organismos multicelulares reparar e manter a integridade dos seus estados fisiolóxicos e morfolóxicos. Por enriba do nivel xenético, a rexeneración está fundamentalmente regulada por procesos celulares asexuais.[9] A rexeneración é diferente da reprodución. Por examplo, o xénero hydra realiza a rexeneración mais reprodúcese polo método da xemación.

Notaseditar a fonte

Véxase taméneditar a fonte

Bibliografíaeditar a fonte

🔥 Top keywords: