Rocket League

videoxogo

Rocket League é un videoxogo baseado nas físicas de vehículos-fútbol desenvolvido e publicado por Psyonix, lanzado para Playstation 4 e Microsoft Windows o 7 de xullo de 2015, con versións para OS X, Linux, e Xbox One en desenvolvemento. É unha secuela do videoxogo do 2008 Supersonic Acrobatic Rocket-Powered Battle-Cars, con modo dun xogador e multixogador, local e online, incluíndo unha plataforma de cruzamento entre as versións de Playstation 4 e Microsoft Windows.

Rocket League
Desenvolvedor(es)Psyonix
Distribuidora(s)Psyonix
Director(es)Thomas Silloway
Produtor(es)Sarah Hebbler
Deseñador(es)Corey Davis
Compositor(es)Mike Ault
Hollywood Principle
MotorUnreal Engine 3
LanzamentoPlayStation 4, Microsoft Windows
7 de xullo de 2015
Xbox One
Febreiro de 2016
OS X, Linux
TBA
XéneroDeportes
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, OS X, Linux, PlayStation 4, Xbox One
ControisRato e teclado
Na rede
https://www.rocketleague.com/
IMDB: tt5002806 Facebook: RocketLeague Twitter: RocketLeague Youtube: UCBjQwd62OJgixzW49TKGERg Twitch: RocketLeague Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Videoxogo

Dinámica

O xogo asemellase aos principios do fútbol, empregando vehículos en lugar de xogadores, e unha pelota de gran tamaño (disco de hockey no modo de xogo Día nevado). Nos partidos poden participar dende 1 ata 4 xogadores por equipo. Cada vehículo pode utilizar propulsión, tanto para aceleral como para voar. Dita propulsión pode recargarse mediante packs distribuídos no campo de xogo que reaperecen continuamente. Os partidos duran 5 minutos, disputándose un tempo extra indefinido en caso de empate. A medida que o usuario gañe experiencia, aumentará o nivel.

Modalidades de xogo

Modalidades dun só xogador

O xogo permite 3 modalidades dun só xogador.[1]

  • 'Tempada: Permite crear un equipo e xogar nunha liga contra equipos manexados pola CPU.
  • 'Exhibición: Campo libre, só o usuario do xogo e o balón.
  • 'Adestramento: Modo de xogo tutorial onde se ensina a xogar e mellorar ao xogador.

Modalidades multixogador

Psyonix estableceu servidores nos Estados Unidos, Europa, Asia, Oceanía e América do Sur. O xogo ofrece a posibilidade de disputar neles partidos en modo estándar ou en ranked (estes últimos con excepcion da modalidade 4 vs 4 e Día nevado). En forma complementaria, é posíbel disputar partidos e torneos na Electronic Sports League.[1]

Notoriamente, o xogo permite organizar partidas entre xogadores de PC e PS4 (cross-platform), característica pouco habitual nos títulos multiplataforma. Porén, a versión para Xbox One non permite a organización de partidas con outras plataformas.

Arena

As Arenas son as principais áreas onde ten lugar o xogo. Elas teñen puntos para encher o combustíbel-turbo espalladas por todo o campo: Seis para encher o 100% (4 nas esquinas e 2 nos bordos), mentres que os puntos restantes de recarga do campo só dan o 12% de aumento.

Os escenarios tamén contan cunha gaiola formando a estrtura, mantendo ao balón e aos xogadores dentro da arena. Tamén permite ós coches dos xogadores conducir polas paredes e o teito.

Hai un total de 6 arenas, algunhas con dous tipos diferentes.[2]

Os coches pódense de pintar de dous cores principais (azul e laranxa) en varias tonalidades; do azul ao violeta e do amarelo ao vermello. A cor secundaria é só se o coche ten un autocolante, e pódese escoller entre unha ampla gama de cores. As rodas son unha opción de personalización en Rocket League. As antenas son un tipo de personalización de coche que dispón de tres tipos; antenas normais, bandeiras de países, bandeiras de comunidades e bandeiras de videoxogos. As antenas gardan o tempo xogado con cada unha delas. O xogo dispón de 178 bandeiras de países soberanos, sen soberanía, con recoñecemento parcial e sen recoñecemento. Hai 22 autocolantes para os coches, algúns só dispoñíbeis en determinados coches. Hai 40 trazos de foguete, unha parte personalizábel do coche que consiste no trazo que expulsa o coche ao accionar o foguete. A parte da cor e forma do trazado, cada trazado ten un son diferente. Cada trazo de foguete conta o tempo de propulsión que tivo o xogador con cada trazo diferente. Hai 23 sombreiros, unha parte personalizábel do coche que consiste no trazo que expulsa o coche ao accionar o foguete. Cada sombreiro conta os goles que tivo o xogador con cada sombreiro diferente.

Recepción e premios

Recepción
Puntuación global
IGN8/10[4]
PC Gamer87/100[5]
Polygon9/10[6]
Videogamer.com7/10[7]
Metro9/10[8]
GameStyle10/10[9]
Shacknews8/10
Meristation8,2/10[10]

A recepción cara ás versións beta do xogo foi moi positiva, os críticos alaban tanto o feito de que é "aditivo e divertido", así como os efectos visuais, que son "brillantemente detallada" e "nítida".[11] Após o E3 2015, Rocket League recibiu múltiples nomeamentos e gañou varios premios, incluíndo "Mellor Xogo de Deportes do E3" de Playstation Universe e "Mellor Xogo Multixogador do E3" de Trend Gaming.[12]

Rocket League recibiu críticas xeralmente positivas, cunha gran maioría dos colaboradores alabando o compoñente multixogador, chamandolle divertido, sinxelo e moi viciante, así como un dos mellores xogos da competencia nos últimos anos. Algúns sinalaron que os conceptos básicos sinxelos desminten a verdadeira profundidade do xogo, que se deriva dunha comprensión desenvolvida da mecánica da física e control.

Nos The Game Awards 2015, Rocket League gañou o premio ao "Mellor Xogo Independiente" e "Mellor Xogo de Deportes/Xogo de Carreiras", e foi nomeado ao "Mellor Xogo Multixogador".[13]

Vendas

O 11 de xullo de 2015, Psyonix anunciou que había entre 120,000 e 124,000 xogadores entre PS4 e Windows. O 14 de xullo dese mesmo ano, o xogo fora descargado uns 2 millóns de veces. O 18 de xullo, foi anunciado que 3 millóns de persoas xogaran ó xogo. O 23 de xullo acadaba os 4 millóns de descargas.

Premios

Lista de premios e nomeamentos
AnoCerimoniaCategoríaResultado
2015PlayStation UniverseMellor Xogo de Deportes do E3
Gañador
Gaming TrendMellor Xogo Multixogador do E3
Gañador
The Game Awards 2015Mellor Xogo Independente
Gañador
Mellor Xogo de Deportes/Carreiras
Gañador
Mellor Xogo Multixogador
Nomeado

Banda sonora

Rocket League (Banda sonora oficial do videojuego)
Álbum de Rocket League
Publicado1 de xullo de 2015
Duración59:41

Listaxe de cancións

Rocket League (Official Game Soundtrack)[14]
N.º Título Duración
1. "Rocket League Theme"   01:28
2. "Angel Wings" (feat. Avianna Acid) 06:08
3. "Darkness"   07:30
4. "Flying Forever" (feat. Morgan Perry) 06:05
5. "I Can Be"   04:18
6. "In My Dreams" (feat. Nikki Wilkins) 06:24
7. "Lacuna"   07:10
8. "Love Thru the Night" (feat. Morgan Perry) 05:08
9. "We Speak Chinese"   04:38
10. "Seeing Whats Next"   03:19
11. "Whiplash"   07:17

Por cada expansión descargábel do xogo engadiuse unha canción ao videoxogo, que ningunha entrou na banda sonora oficial, estas son:

  • «Firework» de Hollywood Principle
  • «Breathing Underwather (Ether remix)» de Hollywood Principle
  • «Tema de Chaos Run» de Kevin Riepl

Notas

🔥 Top keywords: