Schengen, Luxemburgo

Schengen (pronunciado [ˈʃeŋən]) é unha pequena localidade produtora de viño e unha comuna situada no sueste de Luxemburgo, na marxe occidental do río Mosela, reto do punto onde se reúnen as fronteiras de Alemaña, Francia e Luxemburgo. Dentro do mesmo municipio atópanse as cidades de Remerschen e Wintrange. Segundo datos de 2005, na cidade vivían 1.527 veciños nunha superficie de 10,63 km². Despois das fusións con Burmerange e Wellenstein en 2011,[1] a comuna pasou a ter unha poboación de 4.223 habitantes e unha superficie no seu conxunto que abrangue 31,42 km².

Modelo:Xeografía políticaSchengen, Luxemburgo
Imaxe

Nomeado en referencia aSchengen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°28′N 6°22′L / 49.47, 6.366°22′L / 49.47, 6.36
EstadoLuxemburgo
Cantões (pt) TraducirRemich (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CapitalRemerschen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.196 (2023) Editar o valor em Wikidata (165,37 hab./km²)
Xeografía
Superficie31,42 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Mosela Editar o valor em Wikidata
Altitude302 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoMichel Gloden (en) Traducir (2017–) Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Ischgl (pt) Traducir (2006–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webschengen.lu Editar o valor em Wikidata

A cidade fíxose famosa porque foi alí onde se asinou o Acordo de Schengen o 14 de xuño de 1985. O concello, situado na localidade de Remerschen, decidiu o 18 de xaneiro de 2006 cambiar o nome do municipio ao de Schengen, entrando en vigor o cambio de nome o 3 de setembro de 2006.

Historia

O castelo de Schengen data de 1390, na Baixa Idade Media, pero foi case completamente reconstruído no século XIX.[2] 

Lugares poboados

A comuna componse das seguintes aldeas:

 

Museo europeo

O Museo europeo abriuse o 13 de xuño de 2010, 25 anos despois da sinatura do Tratado de Schengen, no edificio 'Centre européen'.

A exposición permanente e trilingüe sobre a historia e a importancia dos Acordos de Schengen, nos 200 m2 de espazo expositivo, mostra aos visitantes a eliminación do control das persoas nas fronteiras interiores, posta en práctica como unha das catro liberdades europeas fundamentais no Tratado de Roma de 1957. A sinatura do Acordo está documentada con fotos históricas e imaxes de vídeo e son, así como as declaracións dos implicados nese momento.

Irmandamento*

Schengen está irmandado con:[3]

  • Ischgl, Austria

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: