Seewoosagur Ramgoolam

Seewoosagur Ramgoolam  (hindi: सर शिवसागर रामगुलाम e tamén coñecido como Chacha Ramgoolam), nado en Belle Rive o 18 de setembro de 1900 e finado en Port Louis o 15 de decembro de 1985, foi un político, estadista e filántropo mauriciano. Un dos principais dirixentes do movemento pola independencia do seu país, serviu como o seu primeiro ministro en xefe e  primeiro ministro de Mauricio, así como o seu gobernador xeral. Foi tamén presidente da Organización da Unidade Africana de 1976 a 1977. Como líder do Partido Laborista, Ramgoolam loitou polos dereitos dos traballadores e conduciu a Mauricio cara á indepencia en 1968.

Infotaula de personaSeewoosagur Ramgoolam

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Flacq, Mauricio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Port Louis, Mauricio Editar o valor em Wikidata
Governor-General of Mauritius (en) Traducir
28 de decembro de 1983 – 15 de decembro de 1985
← Dayendranath BurrenchobayCassam Moollan (en) Traducir →
Presidente da Organización para a Unidade Africana
2 de xullo de 1976 – 2 de xullo de 1977
← Idi AminOmar Bongo →
Primeiro ministro de Mauricio
12 de marzo de 1968 – 30 de xuño de 1982
Chief Minister of Mauritius (en) Traducir
26 de setembro de 1961 – 12 de marzo de 1968
← sen valor – Supresión do cargo →
Presidente Labour Party (en) Traducir
1959 – 1984
← Renganaden SeeneevassenSatcam Boolell → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMauricio Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
London School of Economics
Royal College Curepipe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , filántropo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoLabour Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua támil Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNavin Ramgoolam (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webssr.intnet.mu Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Naceu nunha pequena localidade da  provincia de Flacq. Seu pai, Moheeth Ramgoolam, membro da comunidade kurmi[1], era un traballador inmigrante indio de Bihar que chegara a Mauricio en 1896 con 18 anos a bordo do barco The Hindoostan como servo por contrato, máis tarde converteuse en sirdar (supervisor) nunha plantación de azucre. Ao casar con Basmati Ramchurn en 1898 trasladouse a outra plantación, xa en Belle River. Basmati era viúva con dous fillos Nuckchadee Heeramun e Ramlall Ramchurn.

Ramgoolam estudou hindi, cultura india e filosofía nunha baitka, escola nocturna da comunidade india. Con sete anos perdeu a seu pai. Logo pasou a unha escola católica próxima e alí aprendeu historia, xeografía, inglés e francés[2], e despois entrou nunha escola pública. Con doce anos sufriu un grave accidente que lle custou o seu ollo esquerdo. Continuou os seus estudos en Curepipe vivindo cun seu tío.

Moeda co retrato de Ramgoolam

Tras rematar o ensino secundario, traballou durante tres meses na administración. Nesa época morreu súa nai e coa axuda financeira dun irmán marchou a estudar medicina no University College de Londres en 1921 e no Reino Unido permaneceu ata 1935[3]. Tras a súa volta a Mauricio, Ramgoolam que inicialmente fora un fervente admirador da administración británica e do seu imperio, comezou a clamar no xornal por el fundado, Advance, por un movemento popular que lograse a igualdade de trato, consideración, educación e  posibilidades de todos os mauricianos. Entrou no Partido Laborista, foi concelleiro en Port Louis en 1940 para logo formar parte do Consello Lexislativo en 1948 da Asemblea Lexislativa. En 1958,[4] converteuse no líder do Partido Laborista, sucedendo a Emmanuel Anquetil. Serviu como ministro en xefe de 1961 a 1968 e durante esa etapa a raíña ordenouno cabaleiro do imperio británico o 12 de xuño de 1965 

Ramgoolam foi un fervoroso admirador de Mahatma Gandhi e traballou para garantir unha independencia pacífica, e unha vez lograda, o 12 de arzo de 1968, permaneceu como primeiro ministro, dirixindo unha serie de gobernos de coalición ata 1982. Nas eleccións xerais dese ano, perdeu fronte á coalición liderada polo Movemento Militante Mauriciano (MMM); Ramgoolam nin sequera mantivo o seu asento na cámara e Anerood Jugnauth pasou a ser o novo primeiro ministro. Ao ano seguinte houbo unha escisión no seo do MMM e convocáronse novas eleccións. Ramgoolam e o Partido Laborista apoiaron a Jugnauth e o seu novo partido, o Movemento Militante Socialista, gañador das eleccións, o que lle permitiu a Ramgoolam ser o novo gobernador xeral, ocupando o cargo ata a súa morte en 1985.

Notas

🔥 Top keywords: