Seguridade

Os termos seguridade (do latín securĭtāte) ou seguranza[1] refírense a unha acción que non presenta risco ou a prevención del. Tamén pode representar confianza cara a alguén ou algo.[2]

Coma prevención de riscos

Referíndose á seguridade como prevención de riscos podémonos referir a varios tipos, por exemplo:

Laboral

Traballador cumprindo coas medidas de seguridade laboral.

A seguridade laboral ten como obxectivo evitar os riscos no traballo mediante medidas de protección como cascos, luvas, sinais de advertencia etc.[3]

Social

Artigo principal: Seguridade social.

A seguridade social consiste nun conxunto de políticas sociais cuxo fin é amparar e asistir o cidadán e a súa familia en situacións como a vellez, a doenza e o desemprego.[4]

En Internet

A seguridade en Internet refírese á protección dos teus datos nun sitio web. Para que calquera persoa que entre nun sitio web saiba o uso dos seus datos os sitios web están obrigados a ter unha política de privacidade e a avisar aos que entren no sitio web deses termos mediante un banner.[5]

Coma probabilidade

A seguridade coma probabilidade refírese a ter claro algo, por exemplo, a resposta a unha pregunta.

Coma confianza

Artigo principal: Confianza.

A seguridade coma confianza refírese á crenza en que unha persoa ou grupo será capaz e desexará actuar de xeito adecuado nunha determinada situación. Tamén se pode referir a crer que a calidade dun produto será satisfactoria.[6]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: