Senpai e kōhai

Senpai (先輩, literalmente «compañeiro de antes») e kōhai (後輩, literalmente «compañeiro de despois») son termos provenientes do xaponés que describen unha relación interpersoal informal que está presente nas organizacións, asociacións, clubs, empresas e escolas do Xapón.[1][2]

Nas escolas xaponesas incúlcanse dende moi novos a relación senpai-kōhai, como parte integral da súa vida diaria.

A relación senpai-kōhai é propiamente interdependente, xa que un senpai precisa dun kōhai e viceversa,[3] e a relación estabelecida queda determinada pola data de entrada na organización.[1] O concepto ten a base na filosofía xaponesa e perdurou dentra desta sociedade.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: