Sistema cristalino

Os sistemas cristalinos son os diferentes grupos nos que se poden clasificar os minerais segundo a relación que manteñen entre eles os eixos e os ángulos da súa cela unidade.

Un cristal está composto por infinidade de celas unidade

Características

Unha cela unidade é un paralalepípedo definido por 6 parámetros (a,b,c,α,β,γ) que constitúe a unidade máis pequena que pode describir a estrutura cristalina interna dun mineral.

Tódolos minerais presentan a propiedade común de estar ordenados estruturalmente en celas unidade, aínda que só algúns, e se se dan as condicións adecuadas, mostran este ordeamento de forma externa. Así pois, segundo as relacións que manteñen entre si os parámetros antes mencionados, existen 7 sistemas cristalinos diferentes.

Tipos

Os 7 sistemas cristalinos son:

Sistema cristalinoEixosÁngulos entre eixos
Cúbicoa=b=cα=β=γ=90º
Tetragonala=b≠cα=β=γ=90º
Hexagonala=b≠cα=β=90º; γ=120º
Romboédrico (ou trigonal)a=b=cα=β=γ≠90º
Rómbico (ou ortorrómbico)a≠b≠cα=β=γ=90º
Monoclínicoa≠b≠cα=γ=90º; β>90º
Triclínicoa≠b≠cα≠β≠γ≠90º

En función das posibles localizacións dos átomos na cela unidade establecéronse 14 estruturas cristalinas básicas denominadas redes de Bravais.

🔥 Top keywords: