Slipknot

grupo estadounidense de heavy metal

Slipknot é un grupo estadounidense de heavy metal formado en 1995 en Des Moines (Iowa). As influencias do grupo inclúen entre outros xéneros o death metal, o thrash metal e o heavy metal, aínda que adoitan ser catalogados dentro do metal alternativo e o nu metal.[5][6][7][8] O percusionista Shawn Crahan e o batería Joey Jordison fundaron o grupo en setembro de 1995, e tras varios cambios de membros nos seus primeiros anos, o grupo estivo composto de nove membros durante máis dunha década: Corey Taylor, Mick Thomson, Jim Root, Paul Gray, Craig Jones, Sid Wilson, Shawn Crahan, Chris Fehn e Joey Jordison. Gray faleceu o 24 de maio de 2010, sendo substituído ata 2014 por Donnie Steele. Jordison deixou o grupo o 12 de decembro de 2013. Steele saíu do grupo durante a gravación de .5: The Gray Chapter, e o grupo pasou a realizar unha xira cos músicos Alessandro Venturella no baixo e Jay Weinberg na batería.

Slipknot
Actuación no Graspop metal meeting (2011)
OrixeDes Moines (Iowa), Estados Unidos de América Estados Unidos
PeríodoDende 1995
Xénero(s)Nu metal,[1][2] metal alternativo[3][4]
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner
MembrosCorey Taylor
Mick Thomson
Jim Root
Craig Jones
Sid Wilson
Shawn Crahan
Chris Fehn
Antigos membrosAnders Colsefni
Donnie Steele
Josh Brainard
Paul Gray
Greg Welts
Brandon Darner
Joey Jordison
Artistas relacionadosStone Sour, Murderdolls, To My Surprise, Scar the Martyr, Roadrunner United
Na rede
http://www.slipknot1.com/
IMDB: nm1446314 Facebook: slipknot Instagram: slipknot MySpace: slipknot1 Youtube: UCOJZ1tna8yj8mAEITPkHNCQ TikTok: slipknot Souncloud: slipknot Spotify: 05fG473iIaoy82BF1aGhL8 iTunes: 6907568 Last fm: Slipknot Musicbrainz: a466c2a2-6517-42fb-a160-1087c3bafd9f Songkick: 1012485 Discogs: 38523 Allmusic: mn0000750742 Deezer: 117 Genius: Slipknot Editar o valor em Wikidata

O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo.[9][10] Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo,[11] acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell, e catro DVD de directo.

Historia

Primeiros anos (1995-1998)

Slipknot formouse en Des Moines, Iowa en setembro de 1995 baixo o nome de "The Pale Ones"[13] con Shawn Crahan na batería, Anders Colsefini como vocalista, Paul Gray como baixista e Donnie Steele coma guitarrista.[13] Joey Jordison integrouse ao grupo pouco tempo despois, ocupando o posto de batería, pasando Crahan a ocuparse da percusión.[14] Seguidamente contrataron a Josh Brainard coma guitarrista, e Colsefini converteuse no segundo percusionista manténdose no posto de vocalista.[15]

A súa primeira actuación, baixo o nome de Meld, foi o 4 de decembro de 1995 en Des Moines.[16] Nesas mesmas datas Jordison propuxo substituí-lo nome do grupo por Slipknot, sacado do título dun tema composto por el para o que sería a primeira demo do grupo, titulada Mate.Feed.Kill.Repeat.[17] O grupo comezou a experimentar coa súa imaxe empregando maquillaxe grotesca, chegando finalmente ao uso de máscaras.[18]

Comezaron a gravar material no SR Audio, un estudio local da súa cidade.[19] Sen presuposto para a gravación, víronse obrigados a financiar eles mesmos o proxecto, que chegou a un custo estimado de 40 000 $.[20] En febreiro de 1996, o guitarrista Donnie Steele abandonou o grupo debido ás súas crenzas relixiosas, sendo substituído por Craig Jones durante as gravacións do grupo.[21] Comezaron a empregar samples nas súas gravacións, ao que se adicaría Craig Jones nos directos, polo que Mick Thomson entrou no grupo coma novo guitarrista.[22] Publicaron a súa primeira demo titulada Mate. Feed. Kill. Repeat. o 31 de outubro de 1996, coincidindo coa festividade de Halloween.[8]

A distribución da demo entre as discográficas locais incrementou a popularidade do grupo nas estacións de radio da zona, pero sen que o grupo chegara a conseguir ningún contrato.[23] De volta ao estudio para gravar novo material, o grupo buscou incluír voces máis melódicas nos seus temas,[24] polo que contrataron a Corey Taylor coma vocalista, pertencente ao grupo, tamén de Des Moines, Stone Sour. Colsefini pasou a ocuparse da percusión e os coros,[24] pero anunciou o seu abandono do grupo pouco tempo despois.[24] O seu lugar foi ocupado por Greg Welts, que sería posteriormente expulsado do grupo por motivos non declarados.[25] Debido a estes cambios, Chris Fehn entrou no grupo e converteuse no novo percusionista.[26] A finais de 1997 asignáronse a cada un dos membros un número e comezaron a usar disfraces nas súas actuacións.[27]

A comezos de 1998 publicaron outra demo enviada a varios selos discográficos,[28] medrando o interese polo grupo entre elas, e facendo que o produtor Ross Robinson accedese a traballar con eles.[28][29] Contrataron a DJ Sid Wilson, que demostrara forte interese pola banda.[30] Trala chegada de Robinson comezaron a chegarlles as ofertas de varias compañías discográficas,[31] e finalmente o 8 de xullo de 1998 o grupo firmou un contrato con Roadrunner Records.[25]

Slipknot e o salto á fama (1998-2001)

Véxase tamén: Slipknot (álbum).
Corey Taylor.

A finais de 1998 os nove membros de Slipknot volveron ao estudio para gravar novo material,[32] pero pouco tempo despois Brainard decidiría abandonar o grupo.[33] Jim Root incorporouse a eles e o grupo volveu ao traballo na gravación do seu primeiro álbum de estudio.[34]

O traballo no seu álbum rematou a comezos de 1999, o que permitiu ao grupo formar parte da xira Ozzfest en 1999.[8] A xira axudou a aumenta-la popularidade do grupo, e o seu primeiro álbum, Slipknot, foi publicado o 29 de xuño de 1999,[35] seguido de dous sinxelos, "Wait and Bleed" e "Spit It Out".[8] A comezos de 2000 Slipknot foi certificado coma disco de platino, sendo o primeiro publicado por Roadrunner Records en acadar esa distinción.[36]

Iowa e primeira paréntese (2001-2003)

Véxase tamén: Iowa (álbum).

A comezos de 2001 o grupo comezou a gravación do seu segundo álbum nos estudios "Sound City" e "Sound Image" nos Ánxeles,[8][37] aínda que comezaron a xurdir conflitos entre os membros do grupo debido ás extensivas xiras e horarios de gravación.[38] Porén, remataron a gravación do disco en febreiro dese ano, embarcándose na xira Iowa World Tour.[39] O álbum, titulado Iowa, foi publicado o 28 de agosto de 2001, chegando ao número tres da lista Billboard.[40] Do álbum sacaron tres sinxelos, "The Heretic Anthem" (sinxelo promocional), "Left Behind" e "My Plague", este último facendo unha aparición na Banda sonora orixinal do filme Resident Evil.[41][42]

No 2002 Slipknot fixo a súa primeira e única aparición nun filme, tocando a canción "I Am Hated" nunha escena de Rollerball.[43] A publicación do álbum e a promoción do mesmo tiveron como resultado locais completos de público nas súas actuacións en varios países.[44] Non obstante, a mediados de 2002, o grupo separouse temporalmente por primeira vez na súa historia debido aos conflitos internos, e varios dos membros centráronse en proxectos paralelos.[45] Corey Taylor e Jim Root retomaron a actividade co seu grupo Stone Sour, Joey Jordison creou o grupo Murderdolls, Shawn Crahan fundou To My Surprise, e Sid Wilson seguiu en solitario baixo o alcume de DJ Starscream.[45] Isto fixo que o futuro de Slipknot non estivese claro e apareceron especulacións e dúbidas sobre a separación do grupo.[46] Aínda con todo isto, o 22 de novembro de 2002 publicouse o segundo DVD do grupo, titulado Disasterpieces.[47]

Vol. 3: (The Subliminal Verses) e segunda paréntese (2003-2007)

Actuación do grupo en 2005.

O grupo reuniuse de novo a mediados do 2003 nos estudios The Mansion nos Ánxeles para comezar a traballar no que sería o seu terceiro álbum xunto co produtor Rick Rubin.[48] A comezos de 2004 tiñan rematado o traballo no álbum e comezaron a xira "The Subliminal Verses World Tour" en marzo dese mesmo ano.[49] Vol. 3: (The Subliminal Verses) foi publicado o 24 de maio de 2004, chegando ao número dous da lista Billboard.[50] Do álbum saíron seis sinxelos: "Duality", "Vermilion", "Vermilion, Pt. 2", "Before I Forget", "The Nameless" e "The Blister Exists". Slipknot gravou o seu primeiro álbum de directos 9.0: Live durante a xira do seu terceiro álbum. Publicado o 1 de novembro de 2005, chegou a estar no posto 17 da lista Billboard.[51] A súa xira continuou durante todo o 2004 ata finais de 2005, xusto antes dunha nova separación temporal do grupo.

En 2005 varios dos membros de Slipknot participaron no Roadrunner United: The All-Star Sessions, un álbum colaborativo de varios artistas contratados por Roadrunner Records. No 2006 Slipknot gañou o seu primeiro e único Grammy, levando o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O 5 de decembro de 2006, Slipknot publicou o seu terceiro DVD Voliminal: Inside the Nine.[52] Nunha nova separación temporal do grupo, varios dos membros volveron a centrarse nos seus proxectos paralelos: Corey Taylor e Jim Root volveron ao grupo Stone Sour, Joey Jordison produciu o álbum Fire Up the Blades do grupo 3 Inches of Blood, Shawn Crahan fundou Dirty Little Rabbits e Sid Wilson retornou en solitario coma DJ Starscream de novo.

All Hope Is Gone, terceira pausa e morte de Gray (2008-2010)

Véxase tamén: All Hope Is Gone.
Paul Gray no Mayhem Festival de 2008.

A gravación do seu seguinte disco comezou no Sound Farm Studio en Jamaica, Iowa, co produtor Dave Fortman en febreiro de 2008.[53] Tras rematar a gravación o grupo comezou a xira All Hope Is Gone World Tour o 9 de xullo de 2008.[54] O cuarto álbum de Slipknot foi titulado All Hope Is Gone, e publicouse o 20 de agosto de 2008, entrando no primeiro posto da lista Billboard.[55]

Sacaron cinco sinxelos do álbum: "All Hope Is Gone", "Psychosocial", "Dead Memories", "Sulfur" e "Snuff". Ao finalizar as xiras o 31 de outubro dese mesmo ano, o grupo volveu entrar nunha pausa temporal,[56] dutante a cal os membros do grupo volveron a retomar proxectos persoais. Corey Taylor fundou o grupo Junk Beer Kidnap Band e retomou a actividade con Stone Sour xunto a Jim Root. Shawn Crahan continuou o traballo co seu grupo Dirty Little Rabbits. Joey Jordison retornou á Murderdolls e converteuse no batería permanente de Rob Zombie. Chris Fehn pasou a ser o baixista do grupo de metalcore Will Haven e Sid Wilson foundou o grupo Sid.

No 2008 o grupo fundou unha liña de roupa chamada Tattered and Torn en colaboración coa compañía Bravado.[57] O nome procede dunha canción do grupo incluída no seu primeiro álbum Slipknot publicado no 1999 e na súa demo Mate. Feed. Kill. Repeat. de 1996.[57] As primeiras pezas desta liña de roupa foron camisetas e suadoiros, que se puxeron á venda a finais de xullo de 2008 nas tendas Hot Topic de Norteamérica e na súa páxina web.[58] O grupo ten recoñecido que o merchandising é a súa maior fonte de ingresos.[57]

En 2010 Paul Gray tiña planeada unha xira co supergrupo Hail!, pero o 24 de maio dese ano foi atopado morto nun hotel de Urbandale, Iowa.[59][60] As circunstancias da súa morte foron descoñecidas inicialmente, xa que a autopsia inicial non indicou causas violentas pero tampouco determinou a causa concreta do falecemento.[61] Ao día seguinte da súa morte, os demais membros do grupo deron unha conferencia de prensa sen as súas máscaras xunto á viúva e o irmán de Paul Gray, expresando os seus sentimentos sobre o ocorrido.[62] O 21 de xuño confirmouse que a causa do falecemento fora unha sobredose accidental de morfina e fentanil, un substituto sintético da morfina.[63]

Era todo o que é marabilloso desta banda e grupo de persoas. A única forma na que podo describir a Paul Gray é amor.
Corey Taylor sobre a morte de Paul Gray[64]

Antennas to Hell e Knotfest (2010-2012)

Véxase tamén: Antennas to Hell.

O grupo reuniuse de novo en 2011 para facer varias xiras por Europa. Foron cabezas de cartel no Sonisphere e o Rock in Rio xunto a Iron Maiden e Metallica.[65][66] Donnie Steele substituíu a Paul Gray nestes concertos, aínda que nas actuacións apareceu agochado detrás de Joey Jordison.[67] Os membros do grupo confirmaron en declaracións á prensa que completarían e publicarían o seu quinto álbum de estudio sen ter plans para substituír a Paul Gray.[68][69]

No 2012 Slipknot actuou no Mayhem Festival[70] e o 29 de maio dese ano Roadrunner Records publicou un vídeo promocional na súa web titulado Antennas to Hell.[71] Ese mesmo día Corey Taylor revelou en Twitter que Slipknot publicaría un álbum de grandes éxitos o 17 de xuño de 2012.[71]

O grupo organizou o seu primeiro festival anual de música, chamado Knotfest, que tivo lugar o 17 de agosto de 2012 en Pacific Junction, Iowa, e o 18 de agosto do mesmo ano en Somerset, Wisconsin. No festival actuaron ademais outros grupos coma Deftones, Lamb of God ou Serj Tankian. O 14 de xuño de 2013 Slipknot actuou de novo no Download Festival, perante unha audiencia de 90 000 persoas.[72]

.5: The Gray Chapter (dende 2013)

Véxase tamén: .5: The Gray Chapter.
Slipknot no Roskilde Festival en 2013.

A produción do quinto álbum de estudio do grupo comezou a finais de 2013. Corey Taylor describiuno coma un álbum "moi escuro" e unha mestura entre Iowa e Vol. 3: (The Subliminal Verses).[73] Jim Root non participou nunha xira de Stone Sour en xaneiro para escribir novo material para Slipknot.[74] O 12 de decembro de 2013 Slipknot anunciou na súa web oficial que o batería Joey Jordison deixara o grupo, tras 18 anos, citando motivos persoais,[75][76] ao que Jordison respondeu máis tarde, por medio da súa páxina oficial de Facebook, afirmando que el non fora quen tomara a decisión de deixa-lo grupo.[77]

En xullo de 2014 o grupo comezou a promocionar o seu seguinte disco na súa web e nas redes sociais por medio de mensaxes crípticas e imaxinería sanguenta.[78][79] O primeiro sinxelo do álbum, "The Negative One", foi publicado o 1 de agosto dese ano[80] xunto cun vídeo musical dirixido por Shawn Crahan, no que non aparecía ningún dos membros do grupo.[81] O 24 de agosto Slipknot publicou un novo sinxelo titulado "The Devil In I" e confirmou que o título do álbum sería .5: The Gray Chapter, que sería publicado o 18 de outubro dese mesmo ano.[82][83] Esta data foi mudada ao 17 de outubro para os Países Baixos e Australia, o 20 de outubro para o Reino Unido e o 21 de outubro para o resto do mundo.[84] Slipknot comezou unha xira por Norteamérica o 25 de outubro na segunda iteración do Knotfest.[85] A xira, alcumada "Prepare for Hell", foi feita xunto a Korn e King 810.[86][87] O grupo ademais confirmou a súa asistencia ao Soundwave en Australia no 2015.[88]

Slipknot incorporou a un novo baixista e un novo batería para substituír a Paul Gray e Joey Jordison, con Shawn Crahan sendo o encargado de deseñar unha máscara nova para ambos, diferenciándoos así do resto dos membros do grupo.[89] O vídeo oficial de "The Devil In I" foi publicado o 12 de setembro, incrementando as especulacións sobre as identidades do batería e o baixista, pero os seus nomes non foron revelados oficialmente.[90][91] O 3 de decembro un técnico da xira de Slipknot publicou unha fotografía nas redes sociais que confirmaba ao baixista Alessandro Venturella e ao batería Jay Weinberg coma membros da xira.[92] O sinxelo "The Negative One" foi nomeado ao Grammy á mellor actuación de metal de 2014 na 57ª edición dos Premios Grammy.[93]

O 11 de marzo de 2015, non estando de xira, o guitarrista Mick Thomson foi hospitalizado tras unha pelexa doméstica co seu irmán na que ámbolos dous recibiron feridas por arma branca, graves pero non letais.[94] O 2 de agosto de 2015 durante un concerto en Hartford, Connecticut, o grupo tivo que deter a actuación cando o músico Alessandro Venturella tivo que ser trasladado de emerxencia ao hospital. O grupo continuou a actuación 20 minutos despois sen o baixista,[95] e posteriormente o grupo informou aos medios de comunicación que Venturella fora hospitalizado tras desmaiarse debido a unha deshidratación extrema.[96] Nos seguintes concertos Venturella tocou dende o backstage,[97][98] volvendo á fronte do escenario o 8 de agosto nunha actuación en Toronto.[99]

Estilo e temática

Shawn Crahan cunha variante da súa máscara no 2009.

Slipknot toma influencias dunha gran variedade de estilos e grupos, máis notablemente de grupos de hard rock e heavy metal coma Faith No More, Kiss, Black Sabbath, Helmet, Slayer, Fear Factory, Godflesh, Skinny Puppy, Neurosis, Judas Priest, Metallica, White Zombie, Led Zeppelin e Beastie Boys.[6][7][8][100] Os medios adoitan incluílos entre os pioneiros da New Wave of American Heavy Metal, recibindo comparacións con grupos como Pantera, Machine Head, Hatebreed, Life of Agony e Prong.[101] Tamén se lles considera dentro do xénero do nu metal,[1][2][102][103] aínda que os membros do grupo prefiren distanciarse doutras bandas do xénero coma Korn ou Limp Bizkit, indicando que esta asociación é unha simple coincidencia no tempo da súa emerxencia.[104]

O seu son caracterízase por tons baixos de guitarra, unha gran sección de percusión, samples e táboas de mesturas.[105] O seu estilo vocal inclúe voces guturais, gritos, coros e canto melódico ocasional.[105] As súas letras xeralmente seguen unha tonalidade agresiva, explorando temáticas que inclúen a escuridade, o nihilismo, odio, ira ou psicopatías.[8][106] No álbum All Hope is Gone o grupo achegouse máis ao groove metal e o heavy metal máis tradicional,[2][107][108][109] con influencias do thrash metal e death metal.[108] O grupo tamén está considerado dentro do xénero do metal alternativo.[3][4][110][111]

As súas actuacións en directo son coñecidas por ser enerxéticas e caóticas.[8][104][112] As primeiras actuacións do grupo incluso chegaron a incluír actos cualificados coma extemos, cos membros do grupo lánzandose ao público dende grandes alturas e prendéndose lume os uns aos outros.[113][114][115] Non obstante, nas súas actuacións máis recentes tenden a non realizar este tipo de feitos tan extremos. Slipknot emprega configuracións moi elaboradas dos palcos nas súas actuacións, incluíndo elementos pirotécnicos, plataformas elevadas, elementos hidráulicos e grandes monitores entre outros elementos escénicos.[112] Alistair Lawrence de Kerrang! indicou nunha crítica que "a coreografía caótica ten demasiadas facetas para describir por completo",[116] mentres que NME describiu unha das súas actuacións coma unha "escena de caos".[115]

Imaxe e identidades

Slipkot é coñecido pola súa imaxe impactante, xa que os membros do grupo levan uniformes iguais, teñen máscaras únicas para cada un e identifícanse cun número asignado a cada un deles.[8] A idea orixinal das máscaras nas súas actuacións atribúese habitualmente a unha máscara de pallaso que Shawn Crahan adoitaba levar nas primeiras actuacións dos comezos do grupo.[13] O concepto evolucionou a partir de aí, e dende 1997 o grupo decidiu que cada membro levaría unha máscara individual e os uniformes iguais entre eles.[117] Varios membros do grupo tamén teñen declarado que levar as máscaras axudoulles a manter a privacidade.[118]

Os uniformes e máscaras foron cambiando ao longo da carreira do grupo con cada publicación dun novo disco.[119][120] Os cambios nas máscaras non foron drásticos, senón que foron seguindo o mesmo estilo orixinal de cada un pero con novos elementos engadidos.[121]

Controversias

Algunhas das letras das cancións de Slipknot foron relacionadas con incidentes violentos e criminais. No 2003, dous rapaces de San Bernardino (California), acoitelaron e mataron a outro, alegando que a culpa do crime foran as letras da canción "Disasterpiece".[122] Noutro incidente, no 2006 en Kansas City, as letras da canción "Surfacing" foron atopadas nunha tumba dun cemiterio que fora roubada.[123]

Mushroomhead, outro grupo de heavy metal estadounidense, acusou a Slipknot de roubarlles a imaxe, debido ás semellanzas de ámbolos dous grupos, particularmente no uso das máscaras.[124] Aínda que Slipknot admitiu estas semellanzas, mantiveron que simplemente era unha coincidencia, xa que os dous grupos comezaran na mesma época sen coñecemento mutuo.[125]

Na cultura popular

Slipknot aparece mencionado no tema Vatican Broadside do grupo inglés de indie rock Half Man Half Biscuit no seu EP de 2001 Editor's Recommendation.[126] No videoxogo World of Warcraft existe un personaxe non xogador chamado Gravis Slipknot, que cando ataca ao xogador amosa a frase "Saúdos, desafortunado aventureiro. Só che pido que agardes un momento...e SANGRES!"[127][128] facendo referencia ao tema Wait and Bleed do grupo.

Membros

Cronoloxía

Discografía

Álbums de estudio

TítuloDetallesMáxima posición nas listasCertificacións

USA
[130]

AUS
[131]

AUT
[132]

BEL
[133]

FRA
[134]

DEU
[135]

NLD
[136]

NZL
[137]

SWE
[138]

GBR
[139]
Slipknot5132441755742495337
Iowa
  • Publicado: 28 de agosto de 2001
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
328474155101
Vol. 3: (The Subliminal Verses)
  • Publicado: 25 de maio de 2004
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
22566214325
All Hope Is Gone
  • Publicado: 26 de agosto de 2008
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
1125326112
.5: The Gray Chapter
  • Publicado: 21 de outubro de 2014
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, LP, descarga dixital
112128213232
We Are Not Your Kind
  • Publicado: 9 de agosto de 2019
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, descarga dixital
1131129241
The End, So Far
  • Publicado: 2022

Álbums de directos

TítuloDetallesMáxima posición nas listasCertificacións

USA
[130]

AUS
[131]

AUT
[132]

BEL
[133]

FRA
[134]

DEU
[135]

NLD
[136]

SWE
[138]

CHE
[151]

GBR
[139]
9.0: Live
  • Publicado: 30 de outubro de 2005
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, descarga dixital
17261853412471404353

Compilatorios

TítuloDetallesMáxima posición nas listas

USA
[130]

AUS
[131]

AUT
[132]

BEL
[133]

FRA
[134]

DEU
[135]

NLD
[136]

SWE
[138]

CHE
[151]

GBR
[139]
Antennas to Hell
  • Publicado: 23 de xullo de 2012
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: CD, descarga dixital
18161032861079132322

DVD

TítuloDetallesMáxima posición nas listasCertificacións

US
Vídeo
[152]

FIN
DVD
[153]

DEU
[135]

NZL
DVD
[154]
Welcome to Our Neighborhood
  • Publicado: 9 de novembro de 1999
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: VHS, DVD
1
Disasterpieces
  • Publicado: 25 de novembro de 2002
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: DVD
31
  • RIAA: 4× Platino[140]
  • BVMI: Ouro
Voliminal: Inside the Nine
  • Publicado: 5 de decembro de 2006
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: DVD
584
(sic)nesses
  • Publicado: 28 de setembro de 2010
  • Selo: Roadrunner
  • Formatos: DVD, Blu-ray
11583

Sinxelos

TítuloAnoMáxima posición nas listasÁlbum

USA

USA
Alt.
[155]

USA
Main. Rock
[156]

AUS
[157]

FRA
[134]

DEU
[158]

IRL
[159]

NLD
[136]

SWE
[138]

GBR
[160]
"Wait and Bleed"199934465227Slipknot
"Spit It Out"9728
"Left Behind"200130974224Iowa
"My Plague"4643
"Duality"2004106[a]65742843633515Vol. 3: (The Subliminal Verses)
"Vermilion"17147431
"Before I Forget"2005321135
"The Nameless"25
"All Hope Is Gone"20084298All Hope Is Gone
"Psychosocial"102[b]20784100312867
"Dead Memories"193
"Sulfur"200918
"Snuff"110[c]122
"The Negative One"2014337671.5: The Gray Chapter
"The Devil In I"123[d]288135[161]
"Custer"201528

Premios e nomeamentos

Slipknot foi nomeado a oito Premios Grammy, e gañou un deles:

  • "Wait and Bleed" – Mellor actuación de metal, 2001 (nomeado)[162]
  • "Left Behind" – Mellor actuación de metal, 2002 (nomeado)[163]
  • "My Plague" – Mellor actuación de metal, 2003 (nomeado)[164]
  • "Duality" – Mellor actuación de hard rock, 2005 (nomeado)[165]
  • "Vermilion" – Mellor actuación de metal, 2005 (nomeado)[165]
  • "Before I Forget" – Mellor actuación de metal, 2006 (gañador)[12]
  • "Psychosocial" – Mellor actuación de metal, 2009 (nomeado)[166]
  • "The Negative One" – Mellor actuación de metal, 2014 (nomeado)[93]
  • "Custer" - Mellor actuación de metal, 2015 (nomeado)(pendente)[167]

Xiras musicais

Galería de imaxes

Notas

  • a ^ "Duality" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 6 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
  • b ^ "Psychosocial" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 2 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
  • c ^ "Snuff" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 10 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
  • d ^ "The Devil In I" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 23 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
Referencias

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arnopp, Jason (2001). Slipknot: Inside the Sickness, Behind the Masks. Reino Unido: Ebury. ISBN 0-09-187933-7. 
  • Crampton, Mark (2001). Barcode Killers: The Slipknot Story in Words and Pictures. Reino Unido: Chrome Dreams. ISBN 1-84240-126-2. 
  • McIver, Joel (2003). Slipknot: Unmasked (Again). Reino Unido: Omnibus. ISBN 0-7119-9764-0. 

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: