Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales

A Sociedad Deportiva de Remo Castro Urdiales é un club de remo da localidade cántabra de Castro Urdiales. Dende a súa creación disputou regatas en tódalas categorías e modalidades de banco fixo, en bateis, traiñeiriñas e traiñeiras.

Traiñeira de Castro Urdiales.

Historia

Aló polo ano 1847, chegou a Castro Urdiales a primeira traiñeira, patroneada por un tal Anduiza, e contra o que nun principio se podería supor, non tivo que ver directamente coa actividade pesqueira, senón coa vixilancia e persecución dos contrabandistas ao longo da costa da vila.

Aínda non constituída como sociedade de remo, o seu primeiro triunfo foi ao impoñerse a outras traiñeiras de Cantabria e Biscaia na regata celebrada en Santander o 23 de xuño de 1861, en presenza da raíña Isabel II, que estaba de visita na cidade.

Fundado en 1879 é o club de remo máis antigo do Cantábrico. Foi fundado tras unha forte galerna que houbo o 20 de abril de 1878, tristemente coñecida pola Galerna do Sábado de Gloria, e que José María de Pereda recolleu na súa novela Sotileza. Neste suceso 322 pescadores morreron afogados no Cantábrico (132 cántabros e 190 vascos). Como axuda ás súas familias organizouse unha regata contra traiñeiras biscaíñas que rematarían impoñéndose. Para evitar futuras derrotas creouse a Sociedade de Remo.

A partir de 1930 é cando a traiñeira de Castro consegue uns tempos meritorios como para a chamar "a invencíbel", patroneada por Dionisio Iriberri "Pelucu". Dende 1974 a traiñeira da SDR Castro Urdiales leva o nome de "La Marinera". A finais do 2009 converteuse na traiñeira que máis bandeiras gañou na historia da Liga ACT, ese mesmo ano gañou a liga, converténdose no segundo equipo cántabro en gañala.

Palmarés

La Marinera adestrando no porto.
  • 1 Liga San Miguel: 2009
  • 1 Campionato de España de Traiñeiras: 2001.
  • 2 Campionatos de España de Traiñeriñas
  • 3 Campionatos de España de Bateis
  • 2 Ligas de Traiñeiras da Federación Vasca: 2001 e 2002.
  • 1 Copa do Xeneralísimo: 1974.
  • 1 Copa do Rei: 1984.[1]
  • 11 Campionatos de Cantabria de traiñeiras: 1974, 1975, 1977, 1980, 1981, 1982, 1984, 1990, 2001, 2002 e 2010.
  • 1 Campionato de Cantabria de Remoergómetro
  • 4 Bandeiras da Concha: 2001, 2002, 2006 e 2008.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: