Sonia Rykiel

Sonia Rykiel, nada Sonia Flis o 25 de maio de 1930 en París e finada o 25 de agosto de 2016 na súa cidade natal, foi unha deseñadora de moda francesa, fundadora da casa de moda Sonia Rykiel.[1]

Infotaula de personaSonia Rykiel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Sonia Annette Flis Editar o valor em Wikidata
25 de maio de 1930 Editar o valor em Wikidata
XIV Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de agosto de 2016 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
VII Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeseñadora de alta costura , escritora , escritora de literatura infantil , deseñadora , empresaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNathalie Rykiel (pt) Traducir, Jean-Philippe Rykiel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina websoniarykiel.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0753302 Facebook: SONIARYKIEL Discogs: 622179 Find a Grave: 168959734 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

O seu pai eran romanés e a nai polaca, ambos os dous xudeus, e Sonia era a máis vella dos cinco fillos da parella[2]. En 1948 era escaparatista na Grande Maison de Blanc e en 1954 casou con Sam Rykiel, propietario de Laura, unha tenda dedicada á confección de roupa,[3] e foi nesta tenda na que realizou as súas primeiras confeccións, primeiro roupa para embarazadas e logo xerseis que se coñecerían como poor boy sweater e que se volverían as pezas icónicas da deseñadora, sempre á marxe da alta costura e ligada ao movemento prêt à porter.

En 1960, un dos seus xereis foi portada da revista Elle e Audrey Hepburn, nunha visita á tenda Laura, levou 14 xerseis asinados Sonia Rykiel de todas as cores[4]

En 1965 creou, coa axuda do seu marido, a sociedade Sonia Rykiel C. D. M. Consagrada en 1967 pola revista estadounidense Women's Wear Daily como a "raíña do punto", Rykiel na procura dunha moda cómoda e versátil inventou as costuras visibles, as pezas sen remate nin vaíña, colocou mensaxes nas pezas de roupa e en xeral deu lugar a unha nova filosofía da moda: démode[1]. Creando un estilo de elementos identificables como negros, o estampado a raias, o strass ou o encaixe.

A pesar do seu divorcio con Sam Rykiel, fundou con este último, en maio de 1968, o "griffe Sonia Rykiel" e abriu a súa primeira tenda en París.[1] As súas creacións quedaron asociadas coa imaxe dunha parisiense "feminina, libre, sensual e independente".[5],[6]

Rykiel tamén foi escritora, escribiu varios libros sobre moda, unha colección de historias para nenos e unha novela epistolar con Régine Deforges. Publicou o seu primeiro libro, Et Je La Voudrais Nue, en 1979.[7]

Libros

  • 1979 : Et je la voudrais nue, éditions Grasset.
  • 1988 : Célébration 20 ans de mode, éditions des femmes.
  • 1989 : La collection, éditions Grasset.
  • 1993 : Tatiana, acacia, contos infantís, ilustracións de Charles Matton, éditions Flammarion 4.
  • 1994 : Collection terminée, Collection interminable, Éditions Flammarion.
  • 1996 : Les lèvres Rouges, novela, éditions Grasset (éditions Kodansha, Xapón, 2000).
  • 1999 : Paris sur les pas de Sonia Rykiel, éditions Garde Temps (éditions Shueisha, Japon, 2000).
  • 2005 : L'envers à l'endroit, éditions Fayard.
  • 2005 : Casanova était une femme, correspondencia entre Sonia Rykiel e Régine Deforges, ilustracións de Claire Bretécher, éditions Calmann-Lévy.
  • Dictionnaire déglingué, éditions Flammarion (ISBN 978-2-0812-7178-4)
  • 2012 : N'oubliez pas que je joue, escrito con Judith Perrignon, éditions de l'Iconoclaste.

Notas

🔥 Top keywords: