Stellaris

Stellaris é un videoxogo de grande estratexia 4X desenvolvido por Paradox Development Studio. A mecánica do xogo baséase na exploración espacial, o manexo dun imperio espacial e a diplomacia e guerra con outras civilizacións espaciais. Foi publicado o 9 de maio do 2016 en todo o mundo para as plataformas Microsoft Windows, OS X e Linux[1], no 26 de febreiro de 2019 para PlayStation 4 e Xbox One, e no 25 de marzo de 2021 para Xbox Series X e Series S.[2]

Stellaris
Desenvolvedor(es)Paradox Development Studios
Distribuidora(s)Paradox Interactive
Deseñador(es)Johan Andersson
Compositor(es)Andreas Waldetoft
MotorClausewitz Engine
Lanzamento9 de maio de 2016
Xénero4X, grande estratexia
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, OS X, Linux, PlayStation 4, Xbox One, Xbox Series X e Series S
Na rede
http://www.stellarisgame.com/
Twitter: StellarisGame Youtube: UCkyT-rE8pcoSPWDhVfOUhgA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mecánica de xogo

Os xogadores controlan planetas, naves de guerra e de investigación entre outros elementos. Tamén dispoñen de opcións diplomáticas como alianzas e tratados de comercio para tratar con outras civilizacións. Inicialmente o xogador escolle unha especie, a súa ética moral e as tecnoloxías inicias das que dispón.[3] O xogador comeza cun só planeta no seu territorio, unha nave de construción, unha pequena frota de naves de guerra, un porto espacial e unha nave de investigación. O comezo do xogo céntrase na exploración e colonización do espazo próximo, mentres que segundo o xogo avanza as actividades pasan a centrarse na diplomacia e no goberno do imperio.[4] Na parte final do xogo, diversos eventos de crise poden dar lugar a implicacións globais para o xogador e as outras civilizacións controladas pola IA.

Desenvolvemento

Paradox Development Studios foi o desenvolvedor do xogo, mentres que a distribuidora foi a súa empresa nai Paradox Interactive.[5] Emprega o motor de xogo Clausewitz Engine, unha evolución do mesmo motor empregado noutros títulos do estudio dende a publicación de Europa Universalis III no 2007.[3] O xogo anunciouse de forma oficial na convención Gamescom en agosto do 2015.[6]

Recepción

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
Metacritic78/100PC: 78/100[7]
PS4: 77/100[8]
XONE: 81/100[9]

Nunha avaliación preliminar do xogo por parte de Rock Paper Shotgun, Adam Smith escribiu que Stellaris "podería ser o mellor momento de Paradox, e un fito no desenvolvemento do deseño do 4X e da gran estratexia".[4] Recibiu críticas xeralmente favorables, acadando unha puntuación de 78 en Metacritic.[7] Tralo seu primeiro día no mercado, Paradox Interactive confirmou que se venderan máis de 200 000 copias do xogo, converténdose no seu videoxogo con máis ingresos reportados nun período semellante, así como no videoxogo da compañía que conseguiu un maior ritmo de vendas trala súa publicación.[10]

Notas

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: