Terminator Genisys

filme de 2015 dirixido por Alan Taylor

Terminator Genisys é un filme estadounidense de 2015 de acción e ciencia ficción,[4] dirixido por Alan Taylor, e escrito por Laeta Kalogridis e Patrick Lussier. O filme é o quinto da franquía Terminator, e retoma a historia básica do filme orixinal orientándoo cara a outra dirección.[5] Está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, quen retoma o papel de Terminator (logo da súa ausencia en Terminator Salvation de 2009), xunto con Jason Clarke, Emilia Clarke, Jai Courtney, J. K. Simmons, Dayo Okeniyi, Matt Smith, Courtney B. Vance e Lee Byung-hun. Conta a historia de Kyle Reese, un soldado dunha guerra postapocalíptica contra Skynet, que é enviado dende o ano 2029 até 1984 para evitar a morte de Sarah Connor. Cando Kyle chega ao pasado, descobre que a liña temporal foi alteraa e que Sarah foi criada por un Terminator reprogramado.

Terminator Genisys
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalTerminator Genisys
DirectorAlan Taylor
Produtor
  • David Ellison
  • Dana Goldberg
Guión
  • Laeta Kalogridis
  • Patrick Lussier
Intérpretes
MúsicaLorne Balfe
FotografíaKramer Morgenthau
MontaxeRoger Barton
EstudioSkydance Productions
DistribuidoraParamount Pictures
EstreaBerlín: 22 de xuño de 2015
1 de xullo de 2015
Duración126 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción e aventuras
Orzamento155–158 millóns de dólares[2][3]
Recadación440,6 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.terminatormovie.com/
IMDB: tt1340138 Filmaffinity: 188260 Allocine: 141609 Rottentomatoes: m/terminator_genisys Mojo: terminator2015 Allmovie: v584258 TCM: 2017300 Metacritic: movie/terminator-genisys TV.com: movies/terminator-genisys Netlix: 80031634Editar o valor em Wikidata

Personaxes

  • Arnold Schwarzenegger como Modelo 101/T-800
    • Brett Azar como o dobre de corpo do T-800 Terminator
  • Jason Clarke como John Connor
  • Emilia Clarke como Sarah Connor
    • Willa Taylor como Sarah de nena
  • Jai Courtney como Kyle Reese
    • Bryant Prince como Kyle de neno
  • J. K. Simmons como O'Brien
    • Wayne Bastrup como O'Brien de mozo
  • Dayo Okeniyi como Danny Dyson
  • Matt Smith (acreditado como Matthew Smith) como Alex
    • Ian Etheridge como Skynet, con 10 anos.
    • Nolan Gross como Skynet, con 12–14 anos.
    • Seth Meriwether como Skynet, con 18 anos.
  • Courtney B. Vance como Miles Dyson
  • Michael Gladis como Tenente Matias
  • Sandrine Holt como Detective Cheung
  • Byung-Hun Lee como Policía / T-1000

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: